Cunca Xíbara

3 06 2010

Este Domingo as 17h retorna a maior competición por equipos da LNB Sur, A Cunca Xíbara.

Despois do seu fiasco na final nacional por equipos oa Paquete Pinchas que figuran como anfitrións tratarán de lograr o único título que se lles resiste pero non será nada xa que son varios os equipos que se lle teñen subido as barbas ultimamente:

Pincharango: Chega de facer podio nas finais nacionais.

Se Foras Traballar: Equipo mais en forma da LNB Sur e que xa derrotou aos do Porriño no Xerro 09

A Ghudalla: Os de Moaña sen a presión de organizar son claros candidatos.

Almuinha: Vencedores do aberto de Marín

A Faisca: Rematan a tempada con renovados folgos, faranno ben se na vespera non os colle o boi.

Culombio: Sairán a defender o título en Budiño.

Os demais equipos e algún combinado sorpresa tratarán de rachar as quinielas sobre o xabre do C.C. A Forna.

Culombio disfruta das suas derradeiras horas como campión.

Advertisements

Accións

Information

10 responses

4 06 2010
Fátima

Bueno, bueno… Iso aínda haberá que velo, que igual reenganchamos.
¡Viva Culombio!

4 06 2010
Cunca Xíbara

O inicio da xornada será as 17 h.
Deica logo.

5 06 2010
Redación

Tomamos nota, entrada actualizada.

5 06 2010
Tarzán Galaico

ostia que pedazo de cartel!! para o ano haberá que tentar que os netos de Alfonso Graña entreguen a Cunca Xíbara…..LNB sempre xíbara!!

5 06 2010
Pinto

Ás 5? viana non vai poder estar tanto tempo de reenganche, leva unha semana e pico e di que non pode máis!.

5 06 2010
Muiñante

Hoxe era o día da muiñeira en Vigo, onde estaban Otero, Gil e Fuco?

6 06 2010
Agarimo

Seica estan con tres rubias ghaleghas, as raiñas da festa.

6 06 2010
Lideiras - Almuinha

We´re the champios!! Ghaaaanamos!!!

6 06 2010
Moisés

Cedimos a cunca, pero estivemos aí aí. Felicidades para o combo Mos-Marín, tiveron que xuntarse dous equipos para gañar…

7 06 2010
Xa se sabe

E que xa se sabe o que pasa coa xente de Marim, chegan os torneos co pimentón blanco e arrasan, e liachedes o pobre de Otero, co bo rapaz que era… miradeo como está agora, acabado e cuase alcoholico.

Parabens para Almuinha, que xa poden estrear a vitrina de trofeos que tiñan valeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: