A clasificación actualizada despois da sétimas xornada da LNB Sur amosa o dominio de Chupi dos Paquete Pinchas na tempada regular. Se o ano pasado viviu un duelo ata a última xornada con Rubén Otero, esta vez amosa uns números que parecen inalcanzables para os seus seguidores. Chupi sumou en Ponteareas a súa terceira vitoria e o seu terceiro 10, e leva xa 16 puntos de vantaxe co seu inmediato perseguidor, Luis Enrique de Almuinha. Aínda que as carambolas serían complicadas, no seguinte torneo podería incluso proclamarse campión con dúas xornadas de antelación.
Por incrible que pareza, o da esquerda é o líder da clasificación
Pero a emoción na clasificación mantense, sobre todo polo apretados que están os postos para os play-offs. A falta de que se concrete a posible ampliación a 12 xogadores, Lideiras, Paquete Pinchas e Pincharango son os que colocan máis dos seus entre os 8 mellores. Amil subiu ata a terceira praza adiantando a Rubén Oter, e José Otero e Óscar entran entre os oito primeiros, xunto a Celso, Lemos e Panzo. Tiago, Gil e Salgue aproveitaron o seu bo rendemento nesta xornada para achegarse moito aos postos de privilexio.
Na clasificación feminina, Ana Diz aproveitou o seu bo xogo e a ausencia de María da Ghudalla para empatar con ela a 15 puntos na fronte da clasificación. Neste momento acompañaríaas aos play-offs a subcampiona nacional, Fátima, mentres na cuarta praza hai un triple empate entre Paulinha, Lara e Chus.
Arela Diz aproveitou os seus poderes biónicos para situarse líder feminina
Chupi anda fino esta temporada, así que non só se consolida como líder da clasificación xeral, senón que aproveitou o torneo de Ponteareas para facer dous varados e poñerse líder tamén nesta clasificación, superando por un a Rubén Otero. Séguenos Xosé Miguel de Faísca e Darío de Pincharango, a sorpresa nesta clasificación.
En canto aos equipos, Paquete Pinchas distánciase un pouco máis de Pincharango despois de facer, con 26 puntos, a mellor puntuación dun equipo esta temporada. De confirmarse a clasificación de dous equipos para os play-offs, os segundos en entrar serían Pincharango, que avantaxan en 20 puntos aos terceiros, A Ghudalla, que non estiveron en Ponteareas. Por detrás veñen catro equipos moi igualados. Almuinha (sempre regulares), Se Foras Traballar (gran actuación en Ponteareas), Faísca (empurrados pola fichaxe dos Rodiño) e Lideiras (que se desinflan igualando en Ponteareas a súa peor puntuación da temporada). Por detrás, destacan os bos números na xornada dos Trece Catorce os Currichos, e os desastrosos díxitos neste torneo de Oestrimnios e Culombio.
Así de negro é o futuro de Culombio na clasificación