Achégase a noite mais longa do ano, na que as lapas das cacharelas levaranse con elas todo o vello para dar paso a unha nova etapa. Como é un feito probado que as billardas, pinchas, estornelas, lipes, cachisas, paláns… arden ben será unha boa oportunidade para que os palanadores aos que a sorte lles fallou esta tempada renoven o seu equipamento. O lume das fogueiras afasta aos demos e a vexetación esta n seu punto álxido polo que pode ser unha boa oportunidade para atopar esa madeira que nos leve ao triunfo.
Pero antes de mudar de palán dádelle unha última oportunidade, os compañeiros do Guindastre xa teñen todo preparado para o aberto de S. Xoan, Billarda e lume en Teis.