
Paquete Pinchas: Os actuais campións nacionais tratarán de revalidar o título do pasado, cando arrasaron nas pistas do Conxo. Este ano as cousas presentanse mais complicadas.
Pincharango: Tras un brillante fin de tempada os debutantes plantanse na fina, onde contarán com moitas opcións se comsiguen dominar a presión, suplindo con talento a sua inexperiencia nestas lides.

Fátima: A subcampiona do pasado ano tratará de subir un chanzo e facerse co título no 2010
María: Unha das favoritas se consegue adaptarse a terra do Compostela
Ana: Pese aos fiascos nas últimas xornadas é unha das xogadoras máis brillantes da LNB
Pauliña: Non erra case nunca, e tampouco o fará na final. Moito ollo con ela.
Lorena: Vanlle bén as pistas de terra, e se na final chove xa temos campiona.

Chupi: Despois de dominar no Sur vai apolo seu obxetivo, o título nacional.
Otero: Tras unha tempada pouco inspirada tratará de defender o título.
Amil: Buscará en Compostela ese día inspirado no que pode derrotar a calquera.
L. Enrique: Posiblemente o xogador mais tecnico e completo da LNB, demostrarao.
J. Otero: O mellor dos debutantes na LNB Sur que xa sabe o que e vencer, terá que adaptarse a pista de terra.
Dario: Gran pegador que chega facendo pouco ruido pero con moitas opcións.

Lemos: Outro debutante e vencedor do aberto de Salceda, de nervios templados e bo golpeo curto.
X. Rodiño: O xogador mais en forma de toda a LNB, está en todalas quinielas.
Celso: A sua templanza e unha baza extra nun escenario como as finais nacionais
Salgue : Moito ollo con espertar a besta
Luis: O mais regular dos SFT buscará en Compostelá unha victoría que se lle resiste.
Davide: Na ultima xornada sufriu para manter o seu posto e venderá cara a sua pel na final.

Otero: O especialista en varados do Sur defende o titulo tamén en Compostela.
Chupi: Adestra cada día por un galardón que se lle resiste.
L. Enrique: A pegada limpa de L. Enrique é ideal para as pitas do Conxo.
X. Miguel: Ao ser a final despois de xantar perde opcións, o seu asesor tampouco axuda.
Darío: Poderá sorprendernos a todos nunha pista longa e lenta.
Suplentes: Individual: Panzo e Gil ( Panxo terá sitio na final se X. Rodiño supera na cnferencia centro o seu posto no Sur) Equipos: Se Foras Traballar. Feminino: Mucha e Iolanda.

E para todos os que se quedaron as portas… ( e para os que queiran pasar unha nova tarde de billarda) teñen unha última oportunidade no Aberto das Burgas. A LNB no seu esforzo por impulsar a Conferencia Aurense decidiu unanimemente celebrar un aberto en Ourense e conceder dous postos nas finais para os dous mellores do torneo(dos que non estén xa clasificados para Compostela nalgunha das outras conferencias).
Esta pode resultar unha oportunidade de ouro para que algún dos nosos palanadores acade unha desas prazas e completar a lista dos palanadores do Sur nas finais nacionais. Avante Conferencia Sur! AVANTE LNB!