Komando Bateas

31 01 2011

Esta noite de luns 31 de Xaneiro as 21:00  en Galiza en varados últimas novas do contencioso.

http://www.livestream.com/tele_varal

Advertisements




Komando Faisca

28 01 2011

Os peores presaxios fixeronse realidade e o Komando Faisca non tardou en cumplir a suas promesas, a primeira víctima foi o galo Ateo de Ove.





O aberto do Sabado 19 en Mos declarado de alto risco polo comité antiviolencia

27 01 2011

A Conf. Sur está a vivir os momentos mais duros dende e sua entrada na LNB. O espíritu deportivo e de compañeirismo no que se vivía foi violado por dúas das equipas participantes que se atopan inmersas nunha loita de ameazas e descalificacións.

Na tempada 09/10 a equipa do Faísca fichou os irmáns Rodiño, as cousas comezaron coma nun conto de fadas, e gracias a sua aportación xuntos lograron importantes victorias tanto individuais coma por equipos. Pero pouco a pouco o orgullo e a soberbia medrou nos palanadores do Salnés e decidiron escindirse para deixar atrás o que eles consideraron o lastre do Faísca e crear unha equipa campiona, Bateas.

A victoria do Faísca no pasado Aberto de Bueu agrandou a fenda que había entre os dous equipos, e dende Bateas non foron quen de acatar o triunfo dos seus inimigos e aproveitaron a programación do “Galiza en Varados” (tódolos luns as 21h en riguroso directo) para lanzar duras acusacións sobre o equipo vigués.

A resposta dende o Faisca foi tan rápida coma desafortunada. Un anónimo, integrante do equipo dominado pola ira, fíxonos chegar este comunicado cargado de duras amenazas.

Dende o Comite Antiviolencia da LNB instamos as duas partes enquistadas no conflicto a que fagan as paces no vindeiro Aberto de Mos do día 19, que xa foi declarado de alto risco, ou recibirán ambos unha sanción exemplar.

Temos tamén o cartaz do torneo internacional que desputará A Autentica fronte a seleción de bellit de Catalunya e mentres tanto os compañeiros do Treze-Catorze preparan xa o aberto de marzo que podería coincidir como xa sucedera en 2009 coas festas de entroido.





Viana asombra nun torneo cheo de sorpresas

12 01 2011

Viana conseguiu catro varados e fíxose co torneo con autoridade. A Faísca gañou por equipos con só cinco xogadores. Pauliña chegou a semifinais e a punto estivo de convertirse na primeira palanadora en alcanzar unha final. Cristian, de 16 anos, pasa por primeira vez de rolda e faino meténdose na final. O Torneo de Bueu converteuse no máis sorprendente dos abertos da tempada, empezando polo propio feito de que, contra o que o seu nome indica, celebrouse en Cangas.

Participaron 76 palanadores, entre eles moitos dos primeiros da clasificación, que foron caendo rolda tras rolda. Ao final quedaron catro que se estreaban como semifinalistas. E protagonizaron dous duelos igualadísimos, resoltos logo dos desempates. Viana da Faísca, superou a presión do público, volcado con Pauliña dos Treze Catorze. Cristián dos Bateas superou a presión da súa curta idade para vencer a Penkas dos Treze Catorze. Os de Salceda foron por equipos os segundos da xornada, a dous puntos duns Faísca que rexurdiron con folgos logo dunha tempada que comezaron frouxa e que está a cambiar de cor tras a volta ás canchas de Pinto e Ana Diz.

A clasificación xeral segue sen moitos cambios na cabeza. Xosé Rodiño mantense líder e Salgue queda segundo en solitario, por diante de Chiwi e Rubén Otero. Na parte media alta da clasificación, as subidas máis fortes protagonizáronas Viana e Manu da Faísca,  Iván e Elvis dos Branco e Negro Millenium e Pablo de Culombio.

Por detrás é espectacular a subida de Pauliña, que cos seus 7 puntos desta fin de semana colócase líder feminina en solitario, un punto por riba de Fátima e Mucha e dous por diante de Ánxela e Iolanda.

En varados Rubén Otero empatou con Chiwi a 6 varados no alto da clasificación, e Viana (4 varados en Cangas) e Penkas (outros 3) empatan con Xosé Rodiño na terceira praza. Tamén destaca Ánxela de Almuinha, que sumou en Cangas o seu segundo varado da tempada.

Por equipos, Bateas e Paquete Pinchas, empatados na segunda posición, recortaron a distancia que os separa dos líderes, os Branco e Negro Millenium. Logo da súa boa xornada, Faísca ascende dous postos a costa de Culombio e Pincharango. Na cola mantéñense Se Foras Traballar, que esta tempada parecen fóra de forma.

A próxima cita será en Mos o 20 de febreiro. Vémonos aló!

 

 

 





O Aberto de Bueu xogarase en Cangas

5 01 2011

Ao igual que o Español de Barcelona mudou o seu estadio para Cornellá, o Aberto de Cachiza de Bueu tamén decidiu saltarse o minifundismo administrativo e celebrar a súa segunda edición en Cangas. Será este sábado 8 de xaneiro ás 16 h no pavillón do IES María Soliño. Deixámosvos a coidada explicación de Manolo Outeiro, organizador do torneo, e un mapa de google para os de entendedeiras máis dixitais, marcando o traxecto desde o comezo do corredor do Morrazo (A) ata o pavillón (B).

“A saída do Corredor do Morrazo é a de Cangas-Bueu. Coller entón dirección Cangas, virar na primeira con dirección praias e Herbello, de seguido tomar a primeira a dereita e chegando a unha rotonda no alto, xa estamos”.

ÚLTIMA HORA!
Chegannos imaxes dos entrenamentos da sección emigración de Almuinha, nas que dan conta dos seus duros adestramentos ao pé da torre de Belém en Lisboa e ameazan con “asaltar” o Aberto de Bueu. Preparádevos!





Este sábado, Aberto de Bueu

4 01 2011

A cachiza volve ao Morrazo, onde este sábado 8 de xaneiro se xoga o II Aberto de Bueu. Será ás 16 h pero ollo!: o pavillón aínda está pendente de confirmación. Permanecede atentos, en breve confirmaremos o lugar do torneo.