Penúltima parada: Vigo

26 04 2011

Á tempada regular da LNB Sur quédanlle só dous abertos: o primeiro será esta fin de semana en Vigo. O sábado 30 de abril ás 16h no Parque de Castrelos, xógase o 11º aberto puntuable, organizado por A Faísca. Se chove, o torneo será nun pavillón, probablemente no de Monte da Mina, pero confirmarémolo estes días.

Os que estades cerca de clasificarvos, tedes ocasión de afianzar a vosa posición ou escalar postos. E o resto, unha nova oportunidade para gañar un torneo ou, polo menos (e non menos importante) pasalo ben.





Camiño a Budiño con parada en Pontevedra

8 04 2011

Siareir@s galeg@s organiza unha xornada este sábado en Pontevedra na que a billarda non vai fallar a cita, débido a duplicidade da data co aberto de Budiño os compañeiros mudaron a data de inicio do aberto para posibilitar que os palanadores fagan xornada dobre.

12:30 h>> ABERTO DE BILHARDA nas pista anexa do pavilhom I.E.S “Xunqueira”

15:00h – Jantar popular no Centro Social Revira

Preço: 5€ (Bebida incluida)

En Budiño teremos xornada ligueira en tres pistas exteriores, longas e bastante anchas, con superficie xabrenta i en lixeira costa arriba.  Para que ninguén se perda, na autovia Vigo- tui saida de Salceda no C.Cultural A Forna.





Conta atrás: 3, 2 1… Budiño!

2 04 2011

En Budiño comeza a conta atrás da LNB sur, os últimos tres abertos da tempada, polo que entramos nas xornadas de mellora. Lembremos que son 12 xornadas das cales puntuarán as 9 mellores.

Análise das clasificacións de cara o triunfo na LNB Sur e cara as Finais Nacionais:

A loita polo título por equipos parece cousa de dous: Bateas e Paquete Pinchas, os de Portonovo mandan na xeral por un escaso marxe, mentres que os de Porriño teñen un calendario favorable dado que restan menos puntos. As espadas por todo o alto.

Por detrás aparecen con forza Branco e Negro Millenium, os históricos Almuinha, e o equipo emerxente, a sorpresa da tempada, Treze-catorze. Necesitan facer un sprint final espectacular para facerse co título, pro deberán competir  entre sí por unha praza para as finais nacionais en Conxo., Culombio, Pincharango, A Ghudalla, e Se Foras Traballar tentaran estrearse, e Lideiras Currichos  e  Faisca repetir victoria nas xornadas restantes.

A victoria en individual apunta a Xose Rodiño, pero quedan aimda 30 puntos en xogo e dos seus inmediatos seguidores, os irmáns Salgueiriño e Chiwi, dous teñen duas xornadas menos puntuadas. Detrás situase Xan así que ollo as tacticas de equipo entre irmáns.

Os postos de aceso as finais nacionais son nesta xornada para Otero, Luis, Gil, Elvis, Manu Faisca, Fuco, e Rubio pero a ventaxe é mínima e sinten o alento dos seu perseguidores na caluga.

O grupo de aspirantes está copado por grandes xogadores, campións nalgún aberto ou con experiencia en finais nacionais: Pablo, Amil, luis Enrique, Davide, Tiago, Alberte, Santi, Lemos,Oscar, Darío,josé otero, Ivan,Luis, Moi , Jacobo ou Xurxo.

Entremedias as positivas aparicións de David con so seis participacións e Pinto e Viana con catro que se plantan con moitas opcións. Cara, Penkas, Manuel, Luis Caminha, Angel Otero, Rober e Cristian apurarán as suas opcións de desbancar os favoritos. O resto de palanadores quédanos loitar por unha victoria parcial, puntuar para o equipo e colaborar nas estratexias.

A loita será feroz  no feminino para acadar o primeiro posto, a regularidade de Iola contra a xenialidade de Paulinha. Mentres Mucha,  Fátima e Anxela compiten polo último chanzo do podio e tratan de manter o seu billete para Compostela.

Entre as aspirantes a unhas das prazas para as finais nacionais atópanse Ana, Chus, Diana e María, todas elas con experiencia nestas lides, ademais de Palmira, Maika, Paula, Rebeca, Lorena, Esme, Luzia, Geni, Ana, laura ou Sandra manteñen opcións debido ao apertadas que están puntuaciós, xa que están situadas  a unha distancia que poden salvar nun so aberto.

En Varados temos empate entre o MVP da tempada, Chiwi e e o actual campión, Otero. O de Salceda tratará de arriscar buscando varados no final de tempada pero cun ollo posto na xeral individual. Buscando unha prazan para Conxo, Chupi, Penkas, Xan e Xose Rodiño, e Viana fan tablas con 4 varados. Pero esta e unha disciplina na que un bo día pode catapultar a calquer palanador  aos postos de privilexio. Se Malik Viana fixo 4 varados nun aberto ¿quen non vai ser capaz de facelos?