Videos 4ª Xornada Liga LNB Sur en Salceda

29 11 2010




Este domingo… a Salceda cos Pincharango

22 11 2010

Mentres cerramos os flecos do aberto deste domingo a tarde no Pavillón de Salceda organizado polos Pincharango, para abrir boca penduramos no blogue as imaxes de Ponteareas con alguns dos mellores golpes da xornada.

E lembrando a victoria de Fuco atopámonoss na rede, cortesía da Festa da Prehistoria, conque esta non foi a sua única gran actuación este ano.






Unha representación do Sur no aberto do Centro, “Os gaiteiros de Almuinha”

21 11 2010




3ª Xornada LNB Conferencia Centro

21 11 2010

Día Histórico o 20 de Novembro 35 Aniversario da liberación





Despois do Aberto a-teo a Pino

16 11 2010

Si queres entrenar para o aberto de Salceda…

Si estas aburrido despois de tanto tempo sin xogar a billarda…

Si non tes nada millor que facer o Sabado 20 de novembro as 4 da tarde…

Si nunca visitaches o concello do Pino…

Si queres facerlle fronte a Basilio e os Trouleiros…

Si nunca xogaches a billarda e queres seguir sin saber…

Si queres facer algo mais que comentarios neste blogue…

Si si si si Conferencia Centro está aquí.

Non tes outra que acudir a 3ª xeira da Conferencia Centro





Queres aberto? Catro tazas!

9 11 2010

O nerviosismo era patente nos ambientes billardeiros. Moita xente pensaba que ía pasar o mes de novembro sen aberto, algúns xa se rasgaban as vestiduras, moitos incluso pensaron en apuntarse a campionatos de fútbol irlandés ou damas chinas… pero non! Pincharango non pinchou e conseguiu sacar adiante o torneo de novembro. Volve a LNB Sur: Salceda is the place.

Ollo! O torneo de novembro vai ser en domingo, en concreto o 28 de novembro ás 16 horas no Pavillón de Salceda (o doutros anos). As circunstancias obrigan a que así sexa, tedes todo o dereito a protestar pero non hai moito que facerlle: a alternativa é xogar en sábado no exterior, con paraugas e lanterna.Ademais, que ides facer un domingo pola tarde? Xogar ao tute? Ir pasear polo parque?

E ollo de novo! Ese día xogan o Madrí e o Barça de balompé, pero está todo calculado para que os fuboleiros teñan tempo de chegar a casa ou ao bar.

Unha cousa máis: se tedes mono de billarda e credes que non aguantades ata alá, facede como os Bateas que van a todos os torneos que hai a este lado dos montes Urales. E os que sufrides por pasar tanto tempo sen ver á xente de Moaña, os da Ghudalla organizan este sábado un sarao caralludo: chámase San Resaquiño e anúnciase cun marrao bebendo viño. Que máis se pode pedir? Este sábado ás 22 horas na casa da cultura de Abelendo, en Moaña.





4 11 2010