O Sur na festa de Conxo

30 05 2011

Un ano máis tivo lugar en Conxo a gran festa da Billarda coa celebración das Grandes Finais da LNB acollendo aos palanadores e palanadoras de todas as conferencias nacionais.

Nin sequera a intensa choiva que por momentos descargou sobre Compostela puido coa moral dos participantes que ousaron a metereoloxía con cánticos ao micrófono e bailes a pé de pista.

Os representantes do Sur non poideron acadar desta vez os postos de gloria, quedando o 3º posto absoluto de Chupi como o mellor resultado dos meridionais. Unha intensa semifinal contra Marquitos apartou ao do Porriño do máis alto da clasificación, proclamándose campión Iván, que se desfixo de Guille nas semifinais, e que foi o merecedor de ser coroado Coroceiro Nacional.

Na tempraneira competición feminina, a mermada participación do Sur non puido nin de lonxe evitar o triunfo de Reyes, e en equipos tivemos que conformarmos cun meritorio 4º posto do Branco e Negro Millenium que se quedou ás portas do podium que encheron Bateas, Billardeiros Musicais e Os outros.

Tampouco en varados houbo sorte e tan só Daniel foi quen de acadar o Varal, proclamándose campión nacional desta modalidade.

Noraboa a todos os gañadores e noraboa a todos os participantes.

Moi pronto o reporte gráfico do gran día.

Advertisements




Os finalistas nacionais da Conf. Sur

25 05 2011

Individual:

Xosé, Chupi, Salgue, Elvis, Chiwi, Rubio, Rubén, Amil, Tiago, Manu, Pablo e Gil. Aos que se lle suman os vencedores do Aberto de Repesca en Ourense: Froitas (Cul) e Angel Otero (Alm)

Feminino

Iolanda, María, Mucha, Paulinha, e Ana.

equipos:

Paquete Pinchas e Branco e Negro Millenium

Varados:

Xosé, Chupi, Chiwi, Rubén e Malik.





Finais Nacionais

23 05 2011

Achégase a hora, Conxo agarda as finais nacionais da LNB e o cartaz de nachok transmite a inquietude dos palanadores perante a Gran Muiñada. Avante conferencia Sur!!!

Ao longo desta decisiva  semana iremos informando das claves para Conxo.





Aberto de repesca: Os 2 últimos billetes

18 05 2011

Todos aqueles que ainda non lograron unha praza para as Finais nacionais en Conxo teñen en Ribadavia a derradeira oportunidade para colarse na Gran Muiñada da LNB. E os xa clasificados teñen a ocasión de poñerse a punto no Aberto de Repesca, que se celebrará dentro das Olimpiadas Populares Galegas este Sabado as 18:00 horas.

Estes son algús dos clasiicados na conferencia Sur, e ti, ¿vas quedar fora?





Fin de Tempada

11 05 2011

Para chegar temos a opción A ou B, Almuinha convidannos a participación nos demais actos da festa da lingua, se ademais alguén se quere sumar ao xantar que envíe un correo a asociación.

Coma tódolos anos a LNB Sur prepara unha gala fin de tempada cos premios finais para os participantes e na que xa podemos adiantar  que  participará o inclasificable grupo de breve pero contundente directo: ILEGIBEL,  que deixará a moitos coas bocas abertas interpretando algún dos seu éxitos coma “filosofía”.

Durante estes últimos abertos a cámara da LNB pasou polas mans de distintos palanadores: Ana Pinto, Froitas, Iola, Santi, Xermán e un longo etc, nestes enlaces podedes ver os últimos albúns do Fotovaral:

Aberto de Budiño

Aberto de Vigo

Xerro do Salnés

En individual xa temos vencedor, Xosé Rodiño, chegou como  o tapado dos bateas pero en cada aberto demostrou ser o mellor palanador nunha das conferencias mais disputadas desbancando ao bicampión Chupi que terá que defender o segundo posto en Marín tras os fiascos de Vigo e Budiño. A loita polo podio completarana  Chiwi, Xan, Salgue, Luis e Rubio que ven dende atrás apretando forte.

No tocante a clasificación para as finais nacionais individuais Amil, Elvis, Rubén, Pablo e Tiago terán que puntuar para defenderse dos ataques de Manu, David ou Gil (estes poderían estar incluso tamén clasificados dependendo doutros resultados de Bateas) e Fuco, davide, Caminha, Alberte, Cristian, Pinto, Santi, Cadenas, Iván, José Otero, Malik, Froitas, Lemos, Penkas, Rober,  Dario e Angel Otero precisan dunha actuación a cada cal mellor para clasificarse.

No feminino Iola terá que defender 2  puntos de vantaxe con Paulinha, 3 con María e Mucha, (todas elas clasificadas polo momento) e 5 coas que loitarán entre si pola praza restante para as finais nacionais: Fátima, Diana e Chus, as que seguen ainda con opcións Anxela, Ana, Palmi, Luzía, Maika, Esme, Paula, Geni, Rebeca ou Lorena.

En equipos temos un gañador virtual, Bateas e un segundo posto decantado para os paquete Pinchas, ante a dúbide de por cal das conferencias se clasificará a franquicia nomada, queda aberta a posibilidade de competir en conxo para Treze Catorze, BNM, Almuinha e algunha menos para LiC e culombio.

Os varados seguen encabezados por Chiwi e Rubén pero por detrás apretan os Rodiño e Chupi, de momento o resto están fora de Conxo  pero hai ata 13 palanadores a 1 ou 2 varados de alcanzar unha praza.

Finalmente encantanos anunciar un ano mais o gran traballo dos compañeiros de Treze Catorze que xa teñen todo preparado para o seu festival, máis longo, máis grupos, máis festa. Vémonos.






LNB Sur_11 (Traca Final)

10 05 2011

Este fin de semana  tódalas dúbidas quedarán resoltas, chega o último aberto e a gala de fin de tempada a Marín, bótalle un vistazo a clasificación e vai estudando as tuas opcións, lembra que os Bateas que están clasificados en distintas conferencias acudirán por aquela na que mellor clasificados queden. Isto pode provocar que se corran postos de cara as finais nacionais e poderían ter cabida mais palanadores dos que agora mesmo figuran.

Antes de Venres trataremos de subir ao blogue un análise exaustivo da clasificación,info sobre as pistas de xogo, sorpresas da gala final e novas sobre a festa trezecatorzeadora dos compañeiros de Salceda.





O Xerro_11, Furanchos a vista!

6 05 2011

A actualidade billardeira está que ferve,  tomade nota:

Domingo 8 de  Maio: Xerro do salnes, Meaño.

Sábado 14: Última xornada, Marín, e Festa treze Catorzeadora.

Sabado  21: Aberto de Repesca e Olimpiadas populares, Rivadavia.

Domingo 29 Finais nacionais, Conxo.

Este Domingo chega una das citas mais agardadas da tempada, O Xerro do Salnes, una xornada diferente, chea de festa no percorrido polos furanchos de Xil, onde os palanadores das distintas conferencias se abrazan e cantan ao ritmo do viño de Barrantes.

Esta xornada lúdico deportiva, fonte de lendas, resulta sempre memorable para os asistentes. A cita é as 12:00 na Taberna da Cancela en Xil, Meaño (Ao carón da capela das angustias) Dende ahí comezara o roteiro polos furanchos de Xil, este ano o xantar será de tapeo polos mesmos furanchos, e pola tarde, a iso das 16:30 comezará a loita polo xerro do Salnés. Non o dubides.