As forzas da resistencia nativa de Sanxenxo solicitan a colaboración das filas da LNB para retornar a billarda a esta vila mariñeira, que os mais pesimistas daban xa por perdida. O día 31 de xullo, cando as ruas de Sanxenxo están ateigadas de ghodechinchos, o auténtico Sanxenxo, ese que sae menos nos medios, prepara o I Aberto de Sanxenxo.
Os compañeiros de Sanxenxo botan a casa pola fiesta para esta ocasión, na que agardan premios con productos autoctonos tanto do mar como da terruña nun sinfín de categorías, facéndose o gañador absoluto este Sabado cun bo polvo, que estará moi desputado debido a que hai varios palanadores en boa forma.
Para ver como chegar pinchar aquí.
Por último comentar que nestas datas de verán trataremos de subir o blogue incidencias da tempada pasada que no seu día se nos escaparon, comecemos por ofrecer as fotos de fin detempada realizadas por Anxo e Pau no II Aberto de Vigo.