Este sábado fai a ghudalla e vente a Moaña

30 09 2010

De lonxe ven a expresión de ghudalla para cando os cativos e cativas de Moaña , desbotando os deberes establecidos, atopaban unha alternativa máis proveitosa, trouleira e enriquecedora pra ocupar o seu tempo… este sábado súmate ao termo e participa no II Aberto da LNB.

A cita do novo aberto de billarda, organizado pola Asociación Cultural A Ghudalla, é este 2 de outubro, cando  a partir das 16:00h empezarán a xirar as billardas no Morrazo.

Por mor da previsión de tempo chuvioso verémonos obrigados a mudar o emprazamento inicial ao carón da praza de abastos pola pista cuberta do Pavillon de Domaio.

Despois das sorpresas da primeira xornada, comprobaremos se só foi un soño de verán para os máis modestos ou se esta tempada a clasificación vai andar máis revolta que nunca.

Non faltes! Este sábado toca billarda! toca ghudalla!





Sábado 2: Moaña is the place!

29 09 2010

O sábado 2 de outubro chega a segunda xornada da LNB Sur 2010-2011, organizada por A Ghudalla. Comezaremos con puntualidade á hora de sempre, as catro da tarde. O lugar previsto era a explanada da Praza de Abastos, no centro de Moaña, pero o tempo apunta a chuvia, así que salvo sorpresa trasladarase ao Pavillón de Domaio. Podedes ver neste mapa como chegar ata alí desde a saída da autoestrada:





As estrelas da xornada

8 09 2010

Chiwi, terceiro na xeral e lider destacado en varados, xogador clave para que por primeira vez os Treze Catorce superen aos Pincharango na clasificación.

Salvaterra é a pista talismán de Gil, vencedor no 2008, semifinalista no 2009 e subcampión no2010. Tras dous anos  as portas das finais esta pode ser a sua tempada.

Unha das mellores novas do aberto da poesía foi voltar a ver fabulosa pegada de Anxela, que o pasado ano parecía ter aochada, pero que ao pouco que a mostre estará pelexando polo título esta tempada.

Da fusión de duas equipas que a pasada tempada se arrastraron na zona baixa da taboa xurdiu a maior sorpresa da primeira xornada. Tralas duras negociacións con Paquete Pinchas e Pincharango, os Oestrimnios decantaronse pola oferta do Branco e Negro, o resultado foron uns abraiantes 23 puntos.

L. Enrique lgrou romper o maleficio que o deixaba as portas do título nun aberto LNB e preséntase xa como o primeiro favorito da LNB 2010-2011, sempre e cando de superado con éxito os controis antidopaxe.

Mentres agardamos novas analises aquí quedan as fotos da xornada





Sorpresas en Salvaterra

7 09 2010

O Aberto do Festival de Poesía do Condado, en Salvaterra, é xa todo un clásico que este ano por primeira vez é puntuable para a LNB Sur. O torneo xogouse este sábado na fortaleza para abrir a tempada 2010-2011. Cun calor abafante, 65 palanadores e palanadoras xogaron o torneo, que se iniciou ao mediodía e rematou a iso das dúas e media. Habería moitas cousas que contar, así que vos deixamos só algunhas pinceladas do máis destacado.

– Estreáronse tres equipas: de Sanxenxo chegan Bateas, escuadra aymara liderada polos Rodiño. Outras dúas equipas son resultado do intenso mercado de verán, que acabou con dúas fusións: Lideiras Currichos, unión dos equipos de Mos e Ponteareas; e Branco e Negro Millenium, un popurrí no que se mesturan os Branco e Negro con palanadores dos Oestrimnios e Os Roxos.

– Non lles resultou nada mal a unión aos Branco e Negro Millenium, porque pasaron de ser as tres equipas na cola da clasificación do ano pasado a comezar a temporada como líderes. Estiveron moi regulares, con actuacións destacadas de Gil, Fuco e Iván.

– Luis Enrique venceu o torneo. Despois de quedarse ás portas en varias ocasións o ano pasado, desta volta conseguiu gañar ao impoñerse na final a Gil. Os dous son agora os líderes da clasificación xeral, empatados a 9 puntos.

– Coa achega de Luis Enrique ou Alberte, os Almuinha colócanse segundos por equipos. Ánxela levou o premio á mellor xogadora do torneo, e é a líder feminina empatada a 2 puntos con Mucha dos Lideiras Currichos.

– Bateas amosaron as súas cartas e xa son terceiros por equipos. Os Rodiño chegaron acompañados dunha canteira de xogadores novos que promete.

– As decepcións do torneo foron sen dúbida os Pincharango e os Paquete Pinchas, o ano pasado no alto da táboa e agora entre os tres últimos da clasificación. Os de Salceda estiveron frouxos, e do equipo de Pontellas só se presentou Salgue.

– Chiwi dos Treze Catorze conseguiu dous varados, levou un premio por iso e colócase líder desa clasificación.





Sabado 4 as 12:00 Comeza o espectáculo

2 09 2010

Este sabado na Muralla de Salvaterra comeza a nova tempada 2010-2011, remataron os adestramentos de verán e os equipos poñense serios cara o inicio inminente da LNB.  Eiqui unha proba que nos chega dende Portonovo… Espeluznante.