O retorno do Chupi

28 03 2011

Chupi vence no Aberto de Adina, e volta aos postos de honra da LNB.

Xan, como bo anfitrión, quédase as portas do triunfo.

Bateas vence por equipos i é mais lider na xeral.

o premio para amellor palanadora voou para Ribadeo nas mans de Geni.

En Adina non faltou a festa e balbordo dos abertos da LNB, aquí quedan as fotos da xornada.

No fotovaral está tamén a segunda entrega da xornada mais colorida da tempada.

Ao longo da semana subiremos o cartaz do seguinte aberto da temapada que será o sábado 9 en Budinho,

así como o prometido análise da clasificación xeral de cara ao sprint final da LNB Sur.

 

 

Advertisements




9ª Xeira da LNB Sur en Sanxenxo Adina

12 03 2011

Despois dun entroido brutal e so cunha semana de descanso, os dores de brazo quitaranse con outro aberto de billarda.O pateiro como se coñece na zona de Portonovo e arredores, terá a sua máxima expresión en Adina no trofeo Ramón Valenzuela escritor galego enterrado o carón da pista. Pretendemos batir a marca histórica de participación  de palanadores e palanadoras(coa colaboración de todos vos).Teremos agasallos para os pais que traian os seus fillos e os fillos que traian os seus pais e o remate que non se vaia ninguén que teremos un picoteo de balde.

TEREMOS TRES PISTAS.


Non choverá.





“¡Por fin!” Trece-catorce

10 03 2011

O pasado sábado Don Carnal, palán en mán, pasouse por Salceda e deixóunos o aberto máis colorido e colorista do ano.

Ainda que esta vez “varal, varal varal varal, viñemos disfrazarnos o resultado danos igual!”  hai que reseñar a doble victoria dos locais Trece-catorce con David como vencedor individual e grandes actuacións do sub-campión Chiwi e o cuartofinalista Fonso.

Era sen tempo!

Xa sabiamos que os Treze-Catorze  eran unha gran afeción pero ninguén agardaba nada deles a nivel deportivo, sen embargo están a ser o equipo revelación da tempada, e ningún sitio mellor para refrendalo que na casa ante o estupor de seus archienemigos Pincharango, que non consigue remontar e ven como se alonxan na clasificación.  A vencedora feminina foi Diana ALM (cun logrado e moi persoal atuendo), mentres que en varados, Darío PIN foi o máis atinado ao lograr 2 consecutivos na fase de grupos.

Entre nadadores, formigas, medievais, piratas, abades, gatas, gaiteiras e gaiteiros, indios, chinos e chiños, mohamés, amas de casa, espantallos e inclasificables… a máis poderosa das presenzas foi a da Capitana Gz. Que coide de todos nos. Tamén se viu unha curiosa estampa, De Juana dándolle a Man a Ortega, ¿simboliza tamén a paz entre Faisca e Bateas?

Moi pronto un análise exaustivo de como quedan as clasificacións antes do agardado aberto de Adina, o sábado 19 de Marzo todos a Sanxenxo. Día do pai día do pau.  Mentres tanto quedades coas fotos da xornada, graciñas a Lorena que solventou os problemas loxísticos do fotovaral.





Aberto de entroido

2 03 2011

Preparádevos porqué este finde en Salceda teremos de todo, billarda, entroido, ghuateque, música  premios os mellores disfraces (tanto a palanador como a billarda) e moita festa da man dos compañeiros trezecatorzeaores.

En boa forma  chegarán os Faisca con Yoyes a cabeza, que ben de licenciarse no aberto da universadade de vigo organizado baixo a direción de Trabalingua, por eiquí andan as fotos.