SISTEMA DE COMPETICIÓN 2015-2016

Os abertos comezarán ás 16h do sábado pola tarde e daráselle máxima prioridade á puntualidade e todolos abertos comezarán á hora, podendo xogar a xente que chegue tarde, a cal se incorporará ao transcurso do aberto perdendo de puntuar nas carreiras que xa se tenhan realizado.
 
Faránse 4 grupos, dos cales clasificarán os 6 primeiros de cada un despois de 3 carreiras. A puntuación de cada carreira irá desde 6 ptos do primeiro clasificado ata 1 pto para o 6º, baixando un pto por posición e quedando con 0 o resto.
Nos grupos haberá un límite de golpes de 4 (nos cruces non haberá límite).
Os desempates serán sempre á billarda máis longa (a que quede máis preto de entrar no varal dende o pto máis próximo da billarda ao mesmo), excepto para decidir o ganhador que será noutra carreira.
A saída será detrás da linha, non haberá cadro.
 
A puntuación nos abertos será:
 
Ganhador: 7 ptos
2º: 6 ptos
3º: 5 ptos
Semifinalistas: 4 ptos
Cuartofinalistas: 3 ptos
Pasar de rolda: 2 ptos
Participar: 1 pto
Primeiros de grupo: +2 ptos
Segundos de grupo: +1 pto
 
Na clasificación por equipos os 4 mellores de cada un sumarán puntos.
Ao final de tempada cada xogador descartará para a clasificación xeral os 2 peores resultados.
Antes de que remate o ano a xente/equipos que participan en máis dunha conferencia deberán avisar se queren clasificar para as finais nacionais pola Sur, a clasificación individual pola conferencia Sur acarreará tamén a clasificación por varados.
 
Cada palanador/a deberá asegurarse que o palán este debidamente suxeito cunha corda.
A billarda non se poderá calzar con ningún obxecto.
As medidas seguirán a ser as das anteriores tempadas.
Cada organizador de aberto decidirá se hai un árbitro ou un árbitro máis un asistente de varal, así como se quere que haxa premios e para que categorías.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: