Amil gaña na casa seu 2º aberto LNB-SUR

22 12 2010
  • Culombio organizou e organizou ben. Paquete Pinchas xogou e arrasou.
  • Non hai cambios na xeral, seguen no curuto Xosé Rodiño (BAT) e BNM.
  • A LNB expándese musicalmente cun novo himno.

O traslado de última hora do 5º aberto 2009-2010 levou aos palanador@s á terra de Amil (PAQ), e o de Budiño agradeceuno cunha gran victoria 14 meses despois do seu éxito no aberto de Moaña.

Amil acompañado dos gaiteiros mariñenses

Na final meteuse por terceira xornada consecutiva Xosé Rodiño (BAT), que desta tivo que conformarse con ser o primeiro dos perdedores, inda que segue afianzándose na xeral e xa lle mete 10 puntos aos segundos clasificados; Chiwi (TRE) e Salgue (PAQ).

Chupi (PAQ) e Salgue (PAQ) completaron os catro primeiros postos. Rubio (GHU), Rober (BNM) e Rubén Otero (LIC) únicos campións de grupo que non se meteron nos cuartos de final, que sí acadaron Luis Enrique (ALM) e Gil (BNM), xunto con Luis (SFT) e Santi (CUL), que dende unha cuarta posición de grupo conseguiron completar un moi bo aberto.

Os grupos estiveron tan disputados coma sempre, estando a clasificación entre os 8 de Ánxela (ALM) no grupo B e os 11 de Luis (SFT) no F, onde os 9 de Dario (PIN) non foron suficientes.

Entre as palanadoras, tres delas conseguiron superar a fase de grupos, Ánxela (ALM), Fátima (CUL), e Mucha (LIC), sendo a de Mos a mellor de todas gracias a unha gran actuación na primeira fase, acadando a 2ª praza con 11 puntos.Nesta xornada dúas novas competidoras se sumaron ao xogo do palán; Jessy (GHU) e Teresita (BNM).

Unha vez máis a pista rápida favoreceu a posibilidade de varados con varios palanador@s que se estrearon esta tempada nesta arte; María (GHU), Darío (PIN), Manuel (SFT), Salgue (PAQ), Penkas (TRE), Gil (BNM) e Chupi (PAQ).

Poucas contas fixeron falta para otorgar o premio á mellor equipa. Os Paquete Pinchas conseguiron o record de puntos das 2 últimas tempadas, quedándose a un so puntos dos 28 que conseguiron hai 2 anos en Marin, cando, como esta vez, meteron a tres dos seus nas semifinais. Boa actuación de Culombio e Almuiña con 4 e 5 clasificados respectivamente en primeira rolda, inda que pronto se viron impotentes de seguir o ritmo de Paquete Pinchas. Branco e Negro Millenium, segundo clasificado, manten o liderado na xeral, inda que seguido de preto polos Paquetes e Bateas, perxudicados esta vez pola coincidencia de abertos no universo LNB.

Pero a nova cultural viu da man da inauguración do himno dos Bateas. Os gaiteiros de Almuiña, Luis Camiña e Angel Otero, proseguiron a súa gran actuación deportiva acompañando á voz nada rasgada do cantante Xosé Rodiño nunha nova aportación musical á LNB. Sen dúbida, a esta voluntariosa interpretación haberá que seguir sacándolle punta para asegurar éxitos e os mellores varados sonoros.

O trio musical en plena actuación

Seguide atentos ao blogue, moi pronto as clasificacións e información do próximo aberto que terá lugar en xaneiro 2011 en Bueu. Feliz aninovo!





Cambio de pavillón e hora no torneo do Porriño

16 12 2010

Telegrama de última hora:
O pavillón de Atios vai ser tomado de urxencia polas carrozas dos magos de oriente STOP O torneo do Aberto de Pincha do Porriño ten que trasladarse STOP A nova ubicación é o Pavillón do Colexio de Cruz-Budiño STOP Adiantamos o horario para xogar á hora habitual: as 16 h. STOP A cousa queda así: sábado 18 ás 16 h no Pavillón do Colexio de Cruz-Budiño STOP Anexamos mapa de localización STOP





Sábado 18 xogamos no Porriño

11 12 2010




Voltaron os Paquetes

9 12 2010

 

  • O equipo porriñés non botou en falta a Chupì e comandados por Salgue voltaron gañar.
  • Xosé Rodiño e Branco e Negro Millenium seguén á cabeza da clasificación.
  • Este próximo sábado 18 no Porriño nova xornada.

A tarde dominical de billardas e paláns organizada polos compañeiros de Pincharango tróuxonos de volta ao equipo máis laureado da LNB Sur, inda que esta vez foi o maior dos Salgueiriños o que guiou o equipo cara á victoria parcial, con Amil e Xose Xan sumando importantes puntos.

Salgue (PAQ) fíxose coa victoria frente a Xosé Rodiño (BAT) nuha final que se tivo que resolver na segunda carreira e ante a sorpresa do de Pontellas que xa perdera a conta dos seus lanzamentos.

Mentres Chiwi (TRE) mostrou novamente un gran estado de forma e só a pouca colaboración dos seus coequipiers está privando aos 13-14 dunha victoria parcial. A sorpresa da xornada viu por parte de David (GHU) que conseguiu acadar as semifinais despois de apear en cuartos a Fátima (CUL), que resultou ser a gañadora feminina.

Todo queda na casa... dos Salgueiriños

 

A fase inicial estivo tan disputada coma sempre destacando duros agrupamentos como o do grupo A que tiña a 4 dos ata agora 6 primeiros, Xosé Rodiño (BAT), Chiwi (TRE), Rubén Otero (LIC) e Gil (BNM),que fixo que grandes actuacións como a de Chuki (GHU) non se visen recompensadas coa clasificación.

Como curiosidade, dos 8 primeiros de grupo só Salgue, gañador final, acadou os cuartos, grazas as sorpresas nos cruces que depararon entre outros Rober (BNM), Alberte (ALM) ou Jacobo (GHU).

Destacar unha vez máis a alta participación con oitenta palaneadores e palaneadoras, adultos e crianzas, e os novos movementos no mercado coa fichaxe de Manolo Otero de Bueu polos emerxentes Bateas ou as novas incorporacións á liga de Canito (GHU), Brais(TRE), Fonso (TRE), Patri (TRE), Laura (TRE), Pecas (TRE) e Montse(BNM).

Nuns días nova oportunidade para expertas e novatos.