Chega a hora da Cunca Xíbara

2 06 2010

Mirade esta estupenda esta creación de RuAn (http://cgruan.blogspot.com), dedicada á LNB

Billardeiros e billardeiras: a tempada 2009-2010 da Conferencia Sur da LNB aínda non rematou. Queda por xogar a Cunca Xíbara, o torneo no que cambiamos o formato habitual dos abertos por unha competición por equipos. Xogarémola este domingo 6 de xuño ás 15.30 horas no Centro Cultural A Forna da Budiño (vede aquí como chegar), nun torneo organizado por Paquete Pinchas.

O premio para o mellor equipo será unha xenuína cunca de barro. O equipo gañador tomará o relevo de Culombio, que gañou o ano pasado e ten a  honra de poñela en xogo un ano despois.

Lembrade que os enfrontamentos son entre equipos, segundo a clasificación final da liga. Xogan seis xogadores por cada equipo (máis os suplente que queiran), divididos en dous grupos: os tres primeiros clasificados (que xogan contra os tres primeiros do equipo contrario) e o tres seguintes. Cada xogador xoga tres carreiras, e suma os puntos para o seu equipo. O equipo que teña máis puntos pasa de rolda, e así ata a gran final.

Advertisements

Accións

Information

6 responses

2 06 2010
Sbado?

Nom ía se-lo sábado?

3 06 2010
Fátima

Ás 15:30? Non nos torraremos un pouco?

3 06 2010
Cara

Bueno… í se-lo sabado, non?? O domingo non podo.
E eu que xa estaba mentalizado, e que ía ganhar por fin un torneo…

3 06 2010
Rubén Otero

Algúns tiñamos planeado xoga-la cunca e tirar para Allariz, teremos que darlle a volta ir antes ao boi e voltar o Domingo para xogar. Teremos que comer algo , pero antes das 4 do Domingo chegamos.

3 06 2010
Sbado?

E que o asunto era ese, ir xogar a billarda e logo ir para a festa do Boi, así o revés e mais complicado.

4 06 2010
Amil

O sábado era imposible poder facelo, por iso se puxo dende o comezo o Domingo. O que se pode facer é retrasalo un pouco xa que os días son mais grandes e anda a facer este calor. Puxérase as 15.30 contando que se podía buscar un sitio para quedar a comer, pero o que pensábamos está a tope e xa non vai ser posible. Se o vedes factible podemos comezar ás 17.00??

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: