LISTADO POR CATEGORÍAS PARA ACUDIR AO CAMPIONATO GALEGO 2012

24 05 2012

INDIVIDUAL ABSOLUTA

1-LUÍS (BAT)

2-CRISTIAN (BAT)

3-ELVIS (BNM)

4-CHUPI (PAQ)

5-RUBÉN OTERO (LIC)

6-LUÍS ENRIQUE (ALM)

7-ALBERTE (ALM)

8-CAROLO (COR)

9-PENKAS (TRE)

10-CARA (GHU)

11-SALGUE (PAQ)

12-DAVID CADENAS (CUL)

 

FEMININA

1-MARÍA (GHU)

2-CHEFA (COR)

3-IOLI (LIC)

4-ANA (LIC)

5-LUZÍA-PALMIRA-LARA (Están empatadas)

 

VARADOS

RUBÉN OTERO (LIC)

CARA (GHU)

SALGUE (PAQ)

ELVIS (BNM)

ELVIS-ALBERTE-CRISTIAN-LUÍS CAMIÑA (Están empatados)

Advertisements




7 xornada MARÍN

14 05 2012

Xa está actualizada a clasificación.





Xornada LNB Sur e amigable Galiza Euskalerria de Billarda

10 05 2012

Sábado 12 en Marín as 17:00 última xornada da LNB Sur 2012
Todo por decidir para as Finais Nacionais en Conxo
Todo nun brutal programa organizado polo Local Social Almuinha

Ademais despois das sucesivas viaxes comandadas por Tiago a Pasaia esta vez serán os compañeiros vascos os que se acheguen a Galiza para desputar en Marín un amigable de txirikila-billarda.

Serxio o xogador do Faisca convocou a todolos palanadores da LNB Sur, exceptuando aos Bateas, para enfrontarse ao nutrido combinado chegado dende Euskalerria guiados polo aborixe Mouriño.
ESTAS CONVOCADO!!!

E despois, para os que lle aguante o corpo, FESTA!!!!!!!!!!





MATERIAL PARA XOGAR NO CAMPIONATO GALEGO DE BILLARDA 2012

2 05 2012

MATERIAL PARA XOGAR NO CAMPIONATO GALEGO DE BILLARDA 2012

A xornada da conferencia SUR que está confirmada será a do día 12 de maio en MARÍN.

Tamén, hai a posibilidade de xogar este sábado 5 maio, mais está pendente de confirmación. Entón, se non aparece nada publicado aquí entre hoxe e mañá… pois que cada quen entenda o que quere dicir. Lembrade que o día sábado 12 maio en MARÍN haberá xornada de liga.

Como vedes os equipos están fabricando o material para asistir a Compostela, domingo 27 maio. Campionato Galego de Billarda 2012.

Aqueles e aquelas interesados en coñecer o sistema de competición deste ano no Galego que consulten o blog TodoLNB, na etiqueta CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2012. Esta proposta está aberta a suxestións.