24 09 2011



SE CHOVE PAVILLON VILALONGA.

Advertisements




VIDEO 1º

23 09 2011


O primeiro foi Harney de Culombio, que nos mandou o seu video estalo adicado a billarda. A esta chamada respostaron Elvis e Chupi dende a factoría Paquete-Millenium, e agora aparece no blogue o video de Bateas Films provocando a varios dos seus contrincantes. Xa cheira a polvora no campo de batalla, comezou a guerra mediatica no blogue, este Sabado nas pistas de marín e para o vindeiro arrancamos!
Para que ninguén se perda en Marín:





Aberto de pretempada en Marín

20 09 2011

Este sábado 24 de setembro a A.C. Almuinha, a A.C. Ronsel e o Concelho de Marim organizan um Aberto de Bilharda de Pretempada que terá lugar a partir das 17:00 horas na pista que hai na Barriada Virgem do Carme (Suboficiais)

Esta será a última oportunidade para coller o punto de forma necesario de cara a inminente inicio da LNB Sur 2012, ademais este aberto será tamén a ocasión para cerrar as vindeiras xornadas ligueiras e mesa redonda na que aportar novidades de cara a nova tempada.

Por outra banda, aproveitando este evento, a A.C. Almuinha vai dar começo a umha série de jornadas gastronómicas, que terám lugar ao longo de todo o ano. Nesta ocasom, o menú será churrasco, ainda que também haverá menú vegetariano, sendo precisso anotar-se previamente no correio da associaçom ou por telefone (666 14 52 09). O jantar terá lugar no C.S. Almuinha o sábado 24 de setembro a partir das 14:00.





LNB 2012

16 09 2011

 





Preparando a nova tempada

13 09 2011

Dende a conferencia Sur da LNB estanse a ultimar os preparativos para a nova tempada da LNB: xa está confirmado o derradeiro aberto de pretempada en Marín o día 24 de Setembro, O inicio oficial da LNB Sur 2011-2012 o 1 de Outubro en Sanxenxo, e o vindeiro venres publicaremos o video publicitario da LNB para a nova tempada, aquí tendes como adianto as imaxes dun día de gravación moi duro (para un maís que para outros)

Rematamos cun resumo do Aberto de Salvaterra, graciñas as compañeiras do treze Catorze polas fotos,  no que saltou a sorpresa, venceu Santi de Culombio que se impuxo a David na Final e a Fran en semis. Salvaterra é a pista na que mais rinden os de Salceda polo que xa están pensando en mudar de ubicación o seu aberto. Santi foi o palanador que mellor se soubo adaptar as regras experimentais do aberto, subraiar tamén a fantástica actuación do equipo do C.S O Fresco  ni día que Ana voltou aos seus mellores días de xogo e fíxose co premio féminino por diante de Cris,  sen mulleres non hai LNB!