O programa emitido en riguroso directo producido pola factoria Bateas ten novo horario en prime time, todos os luns as 22:00 horas, esta semana falarase do All Stars, Trabalingua e Aberto de Salceda ademais das seción habituais coma críticas, concursos… este é o enlace “Galiza en Varados”
“Galiza en Varados” en prime time
28 02 2011Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Uncategorized
A billarda vai a Universidade
25 02 2011Este Martes dia 2 de Marzo a LNB da man de TRABALINGUA ten preparado un obradoiro e aberto billardeiro na Universidade de Vigo. Neste primeiro asalto da LNB ao CUVI agardanos varias sorpresas e importantes premios, así que este mércores se tes aulas fai a escola polo camiño, Lembrade:
Mércores 2 de marzo, 16:00 horas, 50€ para o/a campion/a
E o sábado troula de entroido en Salceda…
Comentarios : 8 Comments »
Etiquetas: trabalingua
Categorías : Uncategorized
All Stars, Aberto de Entroido 13-14 e Bateas
23 02 2011O próximo Sabado celebrase en Cabanas o xa mítico all stars da LNB con concurso de triples (varados) Mates (os golpes mais espectaculares) e finalmente o Aberto das Estrelas con palanadores das 5 conferencias da LNB. Non o dubides, prepara os teus golpes i envianos un mail a lnb.sur@gmail.com para poder coordinar a viaxe da nosa conferncia.
E ide preparndo disfraz para a vosa billarda porqué este ano temos Aberto de Entroido, so vale xogar disfrazado!
E abrumados pola actulidade da LNB prometemos unha crónica extensa do aberto de Mos, polo momento quedades coas fotos dunha xornada de dominio aplastante de Bateas.
Comentarios : 8 Comments »
Etiquetas: 13-14, All Stars
Categorías : Abertos e outros torneos
Este Sábado Aberto de Mos, e o xoves o Percebe Son.
14 02 2011Este finde chega un dos clásicos da LNB Sur, O aberto de Mos. Coas clásificacións mais apertadas ca nunca na curta historia da nosa competición neste aberto superarase o ecuador da competición e os distintos equipos terán que botalo resto se aspiran a unha victoria e o pasaporte para as finais nacionais.
Dende a Organización adiantan que en caso de chuvia a pista sera moi rapida (pavillón do ano pasado) pero preparade tamén as billardas de terra porqué se escampa posiblemente se dispute en terra. VER.
A LNB estará presente este Xoves 17 no Percebe Son, o foro musical galego de referencia. A partires das 16:00 a LNB levará a cabo un obradoiro billardeiro que rematará cun campionato entre os presentes.
O Percebe Son ten programadas actividades durante todo o día nas que destacan unha charla coloquio sobre a escena musical galega na que entre outros participarán Xurxo Souto, Tonhito de Poi, Aíd, Xocas Lopez ou Sergio Lago. A gravación do Planeta Furancho, Galeoke e os concertos de grupos coma Marxe Eskerda, O Son do ghalpon, Terbutalina ou Ataque escampe. INFO COMPLETA
Comentarios : 19 Comments »
Etiquetas: IV aberto de mos
Categorías : Liga regular