Unha Ollada ao Xerro do Salnés

28 04 2010

Entre os que se achegaron a Meaño atópabase Cesar Vilas e grazas a sua camara os que vos perdestes esta loucura en Meaño podedes facervos unha idea do festa na que se convertiu o Xerro 2010.

Trala chegada a taberna da Cancela onde nos agardaba a xente de Xil escomezou un periplo polos furanchos da zona, entre as conversas e o viño desencadearonse mostras de gran afectividade, que se prolongaron durante o xantar, entre os palanadores das distintas conferencias.

Na hora de escomezar o aberto unha multitude congregouse no torreiro da Capela das Angustias. Varios dos palanadores desprazados dende o Sur tomaron as rendas da competición, os de A Ghudalla levaron a organización e os arbitraxes. Pola sua Banda Os treze Catorze en vésperas das sua agardada festa foron os mais destacados a nivel deportivo mentres que os Faisca montaban a sua espectacular “performance” en xil.

Dende o recén inagurada Radio Cabaliño os comentaristas aumentaron a presión sobre os palanadores ao tempo que guiados por Sak, o  gurú  da música independiente galega quen pese a pasar de rolda tivo que abandoar pese a pasar de rolda para dirixir en riguroso directo o seu programa na Radio Galega. Finalmente a xente do sur podemos dicir que o xerro ainda que non se viñese connosco xa esta mais preto, desta vez foi para Portonovo.

O Fin de festa estaba reservado para Fachenda Galega que fixo Menearse a Taberna da Cancela ao son de temas propios, prestados e sobre todo de clásicos readaptados para homenaxear o Gran Xan Rodiño, ese palanadorque coas mesmas mans que lanza versos escribe billardas, e que ten conquistada a LNB sur co seu Humor fino fino. Malia que os palanadores non estiveron fisicamente no concerto Televaral recolle  sua presencia na taberna nunha festa que se prolongou ata a madrugada. Graciñas a toada a xente de Xil por aturarnos.

Advertisements




Portonovo trasládase ao norte

27 04 2010

 

Este pasado domingo, na terceira edición do Xerro do Salnés, os palanadores/as do Norte desfixeron cara o seu favor o empate existente e puxéronse á cabeza no palmarés desta xa emblemática cita. Doce e suave derrota dos compañeiros do Sur, que coma sempre, déronno todo a un e a outro lado do Varal.

A expedición sureña, composta por decenas de palanadores/as chegou puntual áo punto de encontro na taberna A Cancela, e sen tempo que perder emprendeu, xa cos compañeiros do norte, a clásica ruta polos pintorescos furanchos de Xil, sen perder a referencia dos loureiros que nos guiaban polo bo camino.

Xa na pista, o Sur colleu vantaxe na quenda de grupos, metendo 19 compoñentes de 32 nos cruces de dezaseisavos, que rápidamente se quedou nun empate a 8 nos oitavos e nun empate a 4 en cuartos.

O autóctono Alejandro e Angel de Salceda foron os nosos representantes máis fortes, mantivendo o empate ata as semifinais, destacando a gran actuación dos membros de Treze-Catorze (nunca vista na competición oficial) acadando tamén David e Paulinha os cuartos de final.

Pero a implacable xeografía tomou o mando nas semifinais, e o portonovés Xan Rodiño e o  compostelán Rubén foron superiores e deixaron o torneo sentenciado, con victoria final para o primeiro.

Dende o Sur tomouse a derrota con moita deportividade, ao grito de “Xan Rodiño non bebe viño!” e “Portonovo non está no norte!” esperando que para a próxima vez os abstemios sexan os do comité de arbitraxe. Pero a polémica non desluciu a fin de festa coa actuación de Fachenda Galega e os coros adaptados polos billardeiros máis cantantes.

Dar as grazas a toda a xente de Xil e Meaño, e aos responsables da Taberna A Cancela, os furanchos do percorrido e o restaurante O Noso Bar. A súa hospitalidade e amabilidade fai que nos saiba a pouco unha única edición ao ano.

Estade atentos ás próximas publicacións de fotos e vídeos e ás outras versións dos feitos.





Este domingo volta o Xerro do Salnés

22 04 2010

Aquí tendes o programa previsto:

  • Ás 12:00h agrupación das tropas das distintas conferencias na Taberna da Cancela (Xil,Meaño).
  • Posterior xira polos furanchos de Xil.
  • Ás 14:00h xantar de confraternidade no Noso bar de Cambados.
  • Ás 16:00h Aberto do Xerro, Norte-Sur.
  • Final con festa improvisada

Este é o histórico video de hai dous anos, cando o sur logrou vencer (por algunha estrana razón as imaxes do pasado ano están todas borrosas).

O feito é que o Xerro do Salnés o pasado ano fuxiu para o norte polo que dende o sur chamamos a filas a todos os palanadores e palanadoras para lograr a dura tarefa de recuperalo.

Algúns dos palanadores da LNB Sur que pasaron polo Arde o Pazo en Mos, ademais de vivir a expulsión das tropas francesas, puderon adestrar nos albores do século XIX con vistas a acadar douscentos anos despois o Xerro en Meaño, grazas a organización de Xerpo Cultural que tivo a ben incluir a billarda dentro da programación de xogos populares.

E aproveitade todos/as este domingo para afiar as billardas de cara ao definitivo aberto da LNB-Sur que finalmente terá lugar o vindeiro sábado 15 de maio en Vigo, organizado polos compañeiros da Faisca.

A polo Xerrooooooo!!!!





Próxima cita: o Xerro do Salnés

17 04 2010

Xa temos data para o aberto final da tempada: será o domingo 9 de maio en Vigo. O escenario está aínda por confirmar, pero a xente da Faísca está xa traballando para ultimar todos os detalles. E ollo porque esa fin de semana pode haber outra cita billardeira: está aberta a posibilidade de que o día anterior, o sábado 8 de maio, se despute un torneo amistoso en Pontevedra city, no marco do festival musical-cultural a Anha Urbana. Xa vos informaremos con tempo…

Por agora, a cita que temos máis próxima é o xa clásico Xerro do Salnés, un torneo norte-sur que deu a primeira alegría histórica aos palanadores meridionais no 2008, e que o ano pasado acabou cos palanadores mollados por fóra… e por dentro! O deste ano será o domingo 25 de maio, de novo en Xil, Meaño.

Este ano agardamos que as condicións metereolóxicas acompañen e que haxa palanadores en boas condicións para desputar este prezado trofeo da parroquia de Xil. O plan é o seguinte: quedada ás 12 na taberna da Cancela para efectuar a tradicional xira dos furanchos (agárdase moderación…) e xantar pechado con paella, polo ou pito, postre e viño no Noso Bar a 11 euros por persoa.





Favoritos – Quinibillarda: 2

16 04 2010

Unha vez máis o impredicible voo da billarda truncou as aspiracións dos máis expertos apostantes, que nesta edición sumaron un total de 32 apostas.

Tan só Darío (PIN) no cadro 5 cumpriu co seu papel de favorito, e superou o que se empeza a coñecer como a síndrome da QB, no que o medo escénico fai que os mellores clasificados non consigan apuntarse un 1.

Os emerxentes Xan Rodiño (FAI) e Manuel (SFT) levaron as variantes aos seus cadros, tamén favorecidos pola mala tarde de Panzo (GHU) e Luís Enrique (ALM).

No cadro 2, dous bos palanadores empataron a erros, e nos cadros 1 e 6 Pauliña (TRE) e María (GHU) (así como Fátima (CUL) no cadro de reserva) conseguiron que os duelos mixtos se decantaran maioritariamente do lado feminino.

Con todo, os que máis se aproximaron aos premios foron, con catro acertos, Celso Otero (1,X,2,2,1,2), Lorena (2,1,2,1,1,X) e Manolo (1,X,X,2,1,X).

Unha nova oportunidade para tod@s na próxima e última quinibillarda da tempada, en Vigo a comezos de maio, á espera de confirmar tamén unha nova edición nas grandes finais de Conxo, coa participación de palanadores e apostantes de todas as conferencias.





Chupi e Paquete Pinchas proclámanse campións por adiantado

12 04 2010

  • A falta dunha xornada, son gañadores matemáticos da clasificación individual e por equipos da LNB Sur
  • O campión de varados e a campiona feminina decidiranse en Vigo
  • Un bo feixe de pasaportes para os play-off están aínda pendentes de adxudicar: 15 palanadores se xogarán 4 postos no último torneo
  • O torneo de Marín saldouse con dominio local: vitorias de Xurxo en individual e de Almuinha en equipos, ademais de Pauliña como gañadora feminina

A penúltima xornada da tempada LNB Sur 2009-2010 deixa varias cousas claras e moita emoción para a última xornada, a principios de maio en Vigo. O torneo de Marín, que organizou a A. C. Almuinha, reuniu a 84 palanadores e palanadoras no pavillón do Sequelo, onde nos refuxiamos do poderoso calor da tarde do sábado. Foi unha xornada chea de sorpresas, na que os primeiros da clasificación foron caendo uns detrás dos outros. Unha semifinal copouna Almuinha, con Xurxo e Alberte. A outra protagonizárona dous dos palanadores máis en forma na parte final do campionato: Luis de Se Foras Traballar e Xan Rodiño de Faísca. Á final chegaron Xurxo e Luis. Este estaba moi concentrado na súa primeira participación nunha final, pero Xurxo tiña o apoio do público e en especial de Breixo, palanador de futuro. E venceu, aínda que para iso necesitou un desempate. A terceira praza foi para Rodiño.

Entre as palanadoras, Fátima e Pauliña demostraron estar en moi boa forma, e esta última gañou por méritos propios: quedou primeira dun grupo no que estaban Chupi e Xosé Miguel, fixo un varado e só cun varado rival caeu en oitavos.

Por equipos a vitoria foi para Almuinha, que conseguiu 20 puntos. Un erro na conta dos puntos fixo que se lle dese o premio a Se Foras Traballar, que en realidade foi a segunda mellor escuadra da xornada con 18 puntos. Tamén Culombio e Treze Catorze tiveron un bo día, con 16 puntos cada un.

[rockyou id=157261881&w=426&h=320]

Como queda a clasificación individual

1 Chupi PAQ 54

2 Rubén Otero LID 44

3 Amil PAQ 42

4 Luís Enrique ALM 41

A falta dunha xornada para que remate a liga regular, xa temos campión: Chupi, dos Paquete Pinchas, repite o triunfo da tempada pasada, aínda que desta vez o fixo con máis contundencia. En Marín só sumou 3 puntos, pero aproveitou o pinchazo dos seus perseguidores, Amil e Luis Enrique, que non pasaron dos grupos. Isto aproveitouno Rubén Otero para meterse segundo. Estes catro palanadores xa están matematicamente clasificados para os play-off de Conxo.

5 Celso LID 31

5 Lemos PIN 31

7 José Otero PIN 30

8 Gil BEN 30

As nosas contas din que 30 puntos serán suficientes para garantir a presencia nos play-off. Así que Celso, Lemos, José Otero e Gil xa teñen practicamente asegurado o seu pase.

9 Xosé Miguel FAI 29

10 Luis SFT 27

10 Pablo CUL 27

10 Tiago CUR 27

10 Davide PIN 27

14 Salgue PAQ 26

14 Manolo SFT 26

14 Juan SFT 26

14 Óscar CUR 26

18 Panzo GHU 26

19 Darío PIN 25

19 Cara GHU 25

19 Alberte ALM 25

22 Xan Rodiño FAI 24

23 Manuel SFT 22

A cousa complícase para os catro postos que faltan. Xosé Miguel teno fácil, pero o feito de que estea aínda mellor clasificado pola Conferencia Centro, na que tamén xoga, fai que probablemente a súa praza quede baleira para outro. E hai moitos candidatos: por agora están dentro Luis, Pablo Suengas, Tiago e Davide, pero contan só cun punto de vantaxe sobre Salgue, Manolo, Juan, Óscar e Panzo, e dous sobre Darío, Cara e Alberte. E por detrás vén como un ciclón Xan Rodiño, e incluso Manu Sánchez podería cunha boa xornada gañarse o pase. O que é seguro é que a Vigo, ademais de billardas e paláns, vai haber que levar calculadoras. Lembrade que só contan para a clasificación os oito mellores resultados!

Emoción na clasificación feminina

1 Fátima CUL 18

2 María GHU 17

3 Ana Diz FAI 16

4 Pauliña TRE 15

Onde está todo aberto é na clasificación feminina. Fátima deu esta fin de semana un bo salto e situouse primeira na clasificación, pero ten moi preto a María, Ana Diz e Pauliña. As catro teñen pé e medio xa nos play-off, agardando a saber quen as vai acompañar.

5 Chus SFT 11

5 Lara GHU 11

5 Lorena TRE 11

5 Mucha LID 11

9 Iolanda LID 10

10 Palmira CUR 8

10 Ánxela ALM 8

10 Ana CUR 8

A quinta praza compártena agora Chus, Lara, Lorena e Mucha. Elas son as mellor situadas para ir a Conxo, pero non se pode descoidar a Iolanda e incluso a tres palanadoras que veñen por detrás: Palmira, Ánxela e Ana. 12 puntos poden ser suficientes para pasar aos play-off, pero quen queira asegurar a praza terá que chegar aos 14.

Todo aberto na clasificación de varados

1 Chupi PAQ 7

1 Rubén Otero LID 7

2 Luis Enrique ALM 6

4 Xosé Miguel FAI 5

Algo parecido ocorre na clasificación de varados. Chupi quere conseguir o único título da LNB Sur que lle falta, pero leva varias xornadas sen conseguir ningún varado e ve perigar o seu liderado. Otero, Luis Enrique e Xosé Miguel están moi preto, e todos eles teñen dunha ou outra maneira garantida a súa presencia no play-off individual, polo que é fácil prognosticar que irán a Vigo a intentar sumar varados para proclamarse campións.

5 Darío PIN 4

6 Cara GHU 3

6 Chiwi TRE 3

6 Manuel Anxo PAQ 3

6 Aarón LID 3

A quinta praza ocúpaa agora mesmo Darío, pero 4 varados poden ser poucos se Cara, Chiwi, Manuel Anxo ou Aarón afinan en Vigo. E ollo, porque por detrás aínda hai outros 11 palanadores con dous varados, e polo tanto con opcións reais de meterse nos play-offs: David da Ghudalla, Pablo dos Paquete Pinchas, Chuki, Tiago, Óscar, Luis, Lemos, Yeyo, Ángel, Pauliña e Pinto.

Acompañará Pincharango a Paquete Pinchas en Conxo?

1 Paquete Pinchas PAQ 154

2 Pincharango PIN 130

3 Se Foras Traballar SFT 119

4 Almuinha ALM 117

4 A Ghudalla GHU 117

6 Faísca FAI 115

A vantaxe de Paquetes Pinchas na clasificación convértenos en gañadores matemáticos da tempada. Pero a segunda praza aínda hai que xogala. Despois de media temporada nesa posición, os debutantes Pincharango vense ameazados por Almuinha, A Ghudalla, Faísca e sobre todo por Se Foras Traballar, o equipo que mellor se reforzou para esta tempada.

Botade vós as contas. As nosas din que Pincharango terá case seguro o seu pase se suma 16 puntos en Vigo, porque iso obrigaría a Se Foras Traballar a facer 22 nese mesmo torneo, unha cantidade nada fácil. Pero se Pincharango suma 13 ou menos puntos, Se Foras Traballar necesitaría19 para empatar, unha cifra na que se están a mover nos últimos torneos. Os outros tres equipos téñeno moito máis difícil: no caso de que Pincharango non pasase de 13 puntos en Vigo, A Ghudalla necesitaría sumar 22 en Vigo, Almuinha precisaría 23 e a Faísca faríanlle falta 27.

7 Lideiras LID 100

8 Treze Catorze TRE 95

9 Culombio CUL 85

10 Os Currichos CUR 72

11 Branco e Negro BEN 66

12 Oestrimnios OES 57

13 Os Roxos ROX 35

14 Iríache Mellor IRI 9

Os outros oito postos da clasificación non parece que vaian sufrir cambios. Lideiras e Treze Catorze sitúanse na zona morna, Culombio escapou nas últimas xornadas da parte baixa da táboas, Os Currichos notan o seu escaso número de palanadores (aínda que están traballando moito coa canteira) e Branco e Negro viviu unha importante melloría este ano. A táboa péchana tres equipos debutantes que seguro que darán máis guerra o ano que vén, con maior regularidade na súa participación nos torneos: Oestrimnios, Os Roxos e Iríache Mellor.





En Marín, este fin de semana toca billarda

8 04 2010

As billardas soarán polas rúas de Marín toda a fin de semana. O venres 9 ás 20 h, o local da A. C. Almuinha (na rúa Ezequiel Massoni nº 63) haberá unha charla-coloquio sobre “como recuperar un xogo con éxito” (e falamos da billarda, por suposto). O sábado hai xantar no mesmo local de Almuinha e despois… a xogar ao colexio do Sequelo! Na sección do mapa nesta web tedes o colexio localizado (no punto verde).

Máis emoción que nunca, non vos perdades a penúltima xornada de liga!