Fotovaral

22 03 2010

Co fotovaral ateigado vemonos na necesidade de crear fotovaral2, para aceder pincha aquí. Ahí vai un adianto.

Os Treze Catorze voltarón a colocar a Salceda no mapa billardeiro o encargarse de organización do aberto de xeito xenial, sen embargo na parte deportiva non lograron meter a ningun palanador na segunda fase. Agus da Almuinha voltou recuperar o xogo que o mantivo lider varias xornadas a tempada pasada. A participación na quinibillarda fonte de autoxestión da LNB.

Tiago camiña con paso firme cara as finais nacionais as que tamén se quere sumar Manuel, o de Se foras traballar sumou 15 puntos nas últimas duas xornadas e pese a un comezo lamentable xa está entre os vinte mellores. Xan Rodiño abraiounos ademais de co seu xogo coa sua locuacidade. O Faisca aseméllase nesta foto a orquestra Panorama.

Se Foras Traballar rematou 2º como xa fixera en Ponteareas e parte coma fovorito para Marín, ese tamén é o caso de Amil que xa ten a chupi a un golpe de palán. A Ghudalla pese a non facer un bo torneo mantén as opcións de clasificarse para as finais a costa dos Pincharangos.

En Salceda seguimos sumando palanadores, nesta tempada participaron xa 211 na LNB Sur. O mellor dos debutantes foi X. Antonio Otero que se colou en cuartos sumando valiosos puntos para Pincharango que continua segundo por detras de Paquete Pinchas. Luis quedouse a beira do podio e Lemos e dos pucos que sempre sobrepasa a fase. En Marín faremos castins para ver quen acompaña a Fuco como locutor na retransmisión.

Grazas aos compañeiros de Gzcontrainfo xa dispomos das fotos do aberto celebrado nas xornadas de solidaridade cos parados do naval organizada polos centro sociais da cidade. Viana confirmou que lonxe da presión dos abertos puntuables desplega o seu mellor xogo e fíxose coa victoria nun día no que se tentou acompañar aos parados e facer mais levadeira a sua longa estadía.

Advertisements




Os Parados do naval collen o palan

18 03 2010

Este sabado 20 de Marzo, tras a resaca do aberto de Salceda e para todos os que teñean mono de billarda, os centros sociais de Vigo organizan unhas xornadas de solidaridade coa acampada de parados do naval na que haberá un aberto de billarda. Todo diante do edificio da Xunta, no náutico, ao carón da Praza da Estrela.





O sol quentou os miolos

17 03 2010

Realizado o escrutinio da quinisalceda, contabilizáronse un total de 25 apostas. A ausencia no torneo dos Oestrimios, o lideiras Celso e o curricho Oscar, fixo que houbese que empregar ata o último cadro de reserva para completar os seis enfrontamentos.

Ningún dos favoritos da quinibillarda logrou levar o 1 ao seu cadro, e isto fixo que non se produciran acertantes de 6 nin de 5.

Os que máis se achegaron esta vez foron, con catro acertos, Ana Diz (errou os cadros 7 e 10) e Rubén Otero (errou os cadros 1 e 4).

Agradecer unha vez máis a todos os apostantes a súa aportación á autoxestionada LNB e moita sorte en Marín!

Os favoritos da quinibillarda non cumpliron co seu papel





A Faisca prende en Salceda

16 03 2010

A terceira foi a vencida para Xan Rodiño, o xenial palanador da faisca despois de debutar en Bueu, e sorprender en Ponteareas logra en Salceda o seu primeiro aberto da LNB Sur. O seu triunfo na final desencadeou un desempate entre as duas mellores equipas do torneo Faisca e Se Foras Traballar que se decantou para os de Vigo.

Fátima voltou salvar a xornada para os Culombio ao vencer como mellor palanadora e situase a un só punto do liderato da xeral, que manteñen María, que non estivo fina sobre a terra de Caselas e Ana Diz que reservou o seu mellor golpe da tarde para o desempate por equipos. Desta xornada saen tamén reforzadas Chus e Iolanda que se meten nos postos de aceso as finais nacionais, pero ollo porque en Marín comezaran as xornadas de mellora e palanadoras coma Pauliña, Lorena ou Lara poden aproveitar para recuperar os puntos dos partidos que non poideron xogar.

Os Paquete Pinchas aguantan o tirón sustentados por Amil e Salgue e camiñan firmes para revalidar o seu título, a loita mais dura está na desputa polo segundo posto que polo momento manteñen Pincharango que tratarán de aguantar o espectacular empuxe de fin de tempada de se Foras Traballar, o renacer da Faisca e miran de reollo A Ghudalla que conta cun partido menos. Culombio esta xa matematicamente descartado para o título mentres Almuinha agarda facerse forte no proximo aberto: Marín.

Amil e xa o segundo da xeral e con L. Enrique que ten unha xornada menos tratarán de aproveitar a debacle de Chupi para levarse o título no Sur. Outros beneficiados da xornada foron Manuel que se achega a zona alta tras un irregular inicio de tempada, Lemos ou Salgue e Gil que entran nos postos de finais nacionais.

Brais levou o premio ao palanador promesa e Luis Enrique con dous varados iguala a Rubén e quédase a un de Chupi.





Apostas ao sol

12 03 2010

Despois do descanso no anterior aberto, volta a quinibillarda á competición billardeira así que xa podedes ir cubrindo as vosas apostas para o aberto de Salceda de Caselas.

As previsións son de bo tempo…

A quen se lle quentará menos a cachola?

Quén morderá o pó de Salceda?

Quen sairá vencedor nestes duelos ao sol? …






Treze catorze… ou ainda mais

9 03 2010

O pasado Domingo no All Stars representantes das catro conferencias acordaron ampliar as prazas para as finais nacionais que se desputarán nas pistas do Conxo, Compostela, confirmando así o rumor que xa corria nas pistas de billarda nos últimos abertos. Os clasificados serán os seguintes:

Equipos: Os 2 primeiros equipos por conferencia
Final feminina: As 5 primeiras palanadoras clasificadas por conferencia
Individual: Os 12 primeiros clasificados por conferencia
Varados: Os 5 primeiros clasificados en Varados por conferencia

Vaite preparando para acadar este Domingo en Salceda no Aberto dos Treze-Catorze os puntos que te acheguen a Compostela.