A Faisca prende en Salceda

16 03 2010

A terceira foi a vencida para Xan Rodiño, o xenial palanador da faisca despois de debutar en Bueu, e sorprender en Ponteareas logra en Salceda o seu primeiro aberto da LNB Sur. O seu triunfo na final desencadeou un desempate entre as duas mellores equipas do torneo Faisca e Se Foras Traballar que se decantou para os de Vigo.

Fátima voltou salvar a xornada para os Culombio ao vencer como mellor palanadora e situase a un só punto do liderato da xeral, que manteñen María, que non estivo fina sobre a terra de Caselas e Ana Diz que reservou o seu mellor golpe da tarde para o desempate por equipos. Desta xornada saen tamén reforzadas Chus e Iolanda que se meten nos postos de aceso as finais nacionais, pero ollo porque en Marín comezaran as xornadas de mellora e palanadoras coma Pauliña, Lorena ou Lara poden aproveitar para recuperar os puntos dos partidos que non poideron xogar.

Os Paquete Pinchas aguantan o tirón sustentados por Amil e Salgue e camiñan firmes para revalidar o seu título, a loita mais dura está na desputa polo segundo posto que polo momento manteñen Pincharango que tratarán de aguantar o espectacular empuxe de fin de tempada de se Foras Traballar, o renacer da Faisca e miran de reollo A Ghudalla que conta cun partido menos. Culombio esta xa matematicamente descartado para o título mentres Almuinha agarda facerse forte no proximo aberto: Marín.

Amil e xa o segundo da xeral e con L. Enrique que ten unha xornada menos tratarán de aproveitar a debacle de Chupi para levarse o título no Sur. Outros beneficiados da xornada foron Manuel que se achega a zona alta tras un irregular inicio de tempada, Lemos ou Salgue e Gil que entran nos postos de finais nacionais.

Brais levou o premio ao palanador promesa e Luis Enrique con dous varados iguala a Rubén e quédase a un de Chupi.





PRÓXIMA ESTAZIÓN SALCEDA

8 03 2010

Despois do espectacular Billarda All Stars de O Pino, esta próxima fin de semana volta a competición oficial á Lnb-Sur!

O vindeiro 14 de marzo os compañeiros de Treze-Catorze organizan o segundo torneo dominical do campionato.

Se o tempo o permite voltaremos á terra, así que ide depurando a vosa técnica en pista lenta.