O sábado 3 de decembro, a billarda vaise colocar no centro da cultura galega coa Billarda Experience Culturgal. Iremos ao Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, a presentar o disco “República Billarda” e a celebrar o Aberto Culturgal de Billarda, terceiro torneo puntuable da LNB Sur. Esta é a orde do día:
16:30h: Pazo da Cultura de Pontevedra: Presentación de “República Billarda”, o disco dobre no que os grupos máis potentes lanzan con forza as súas billardas musicais. Xermán, Sak e Marcos encargaranse de presentalo.
17:00h: Pavillón do CEP A Xunqueira 2: Aberto Culturgal de Billarda, puntuable para a LNB Sur. O pavillón está ao lado do Pazo da Cultura. Este é o lugar: VER MAPA.