Aberto de Marín o vindeiro sábado 10 de abril, o aberto será no colexio O Sequelo (non é o mesmo do ano pasado) a partir das 4 da tarde, a seguir informamos das actividades que temos preparadas.
Venres 9 ás 20H palestra sobre a billarda no centro social Almuinha (rúa Ezequiel Massoni nº 63)
Sábado 10 ás 14H xantar no centro social Almuinha (en principio será unha fabada) e o prezo 10€, para o cal haberá que avisar ben por correo (a.c.almuinha@gmail.com) ou chamando por teléfono aos seguintes números: 606595310 ou 677049789
Mentres colamos o mapa no blogue informamos que as cámaras de televaral Televaral gardan un sorprendente documento audiovisual coas imaxes do palandor que acudiu a Salvaterra para xogar o Aberto de Salceda. Os comentaristas do blogue deron o aviso e agora Televaral achegaranos as imaxes desta espeluznante historia, contarémola así haia que parar un tren. Para abrir os incondicionais desta historia hoxe ofrecemos un adianto, a partires de mañá teredes en exclusiva para Televaral a versión integra de “Salceda-Marín”