Aberto de pretempada en Marín

20 09 2011

Este sábado 24 de setembro a A.C. Almuinha, a A.C. Ronsel e o Concelho de Marim organizan um Aberto de Bilharda de Pretempada que terá lugar a partir das 17:00 horas na pista que hai na Barriada Virgem do Carme (Suboficiais)

Esta será a última oportunidade para coller o punto de forma necesario de cara a inminente inicio da LNB Sur 2012, ademais este aberto será tamén a ocasión para cerrar as vindeiras xornadas ligueiras e mesa redonda na que aportar novidades de cara a nova tempada.

Por outra banda, aproveitando este evento, a A.C. Almuinha vai dar começo a umha série de jornadas gastronómicas, que terám lugar ao longo de todo o ano. Nesta ocasom, o menú será churrasco, ainda que também haverá menú vegetariano, sendo precisso anotar-se previamente no correio da associaçom ou por telefone (666 14 52 09). O jantar terá lugar no C.S. Almuinha o sábado 24 de setembro a partir das 14:00.

Advertisements




Fin de Tempada

11 05 2011

Para chegar temos a opción A ou B, Almuinha convidannos a participación nos demais actos da festa da lingua, se ademais alguén se quere sumar ao xantar que envíe un correo a asociación.

Coma tódolos anos a LNB Sur prepara unha gala fin de tempada cos premios finais para os participantes e na que xa podemos adiantar  que  participará o inclasificable grupo de breve pero contundente directo: ILEGIBEL,  que deixará a moitos coas bocas abertas interpretando algún dos seu éxitos coma “filosofía”.

Durante estes últimos abertos a cámara da LNB pasou polas mans de distintos palanadores: Ana Pinto, Froitas, Iola, Santi, Xermán e un longo etc, nestes enlaces podedes ver os últimos albúns do Fotovaral:

Aberto de Budiño

Aberto de Vigo

Xerro do Salnés

En individual xa temos vencedor, Xosé Rodiño, chegou como  o tapado dos bateas pero en cada aberto demostrou ser o mellor palanador nunha das conferencias mais disputadas desbancando ao bicampión Chupi que terá que defender o segundo posto en Marín tras os fiascos de Vigo e Budiño. A loita polo podio completarana  Chiwi, Xan, Salgue, Luis e Rubio que ven dende atrás apretando forte.

No tocante a clasificación para as finais nacionais individuais Amil, Elvis, Rubén, Pablo e Tiago terán que puntuar para defenderse dos ataques de Manu, David ou Gil (estes poderían estar incluso tamén clasificados dependendo doutros resultados de Bateas) e Fuco, davide, Caminha, Alberte, Cristian, Pinto, Santi, Cadenas, Iván, José Otero, Malik, Froitas, Lemos, Penkas, Rober,  Dario e Angel Otero precisan dunha actuación a cada cal mellor para clasificarse.

No feminino Iola terá que defender 2  puntos de vantaxe con Paulinha, 3 con María e Mucha, (todas elas clasificadas polo momento) e 5 coas que loitarán entre si pola praza restante para as finais nacionais: Fátima, Diana e Chus, as que seguen ainda con opcións Anxela, Ana, Palmi, Luzía, Maika, Esme, Paula, Geni, Rebeca ou Lorena.

En equipos temos un gañador virtual, Bateas e un segundo posto decantado para os paquete Pinchas, ante a dúbide de por cal das conferencias se clasificará a franquicia nomada, queda aberta a posibilidade de competir en conxo para Treze Catorze, BNM, Almuinha e algunha menos para LiC e culombio.

Os varados seguen encabezados por Chiwi e Rubén pero por detrás apretan os Rodiño e Chupi, de momento o resto están fora de Conxo  pero hai ata 13 palanadores a 1 ou 2 varados de alcanzar unha praza.

Finalmente encantanos anunciar un ano mais o gran traballo dos compañeiros de Treze Catorze que xa teñen todo preparado para o seu festival, máis longo, máis grupos, máis festa. Vémonos.






Aberto de Marín

6 04 2010

Aberto de Marín o vindeiro sábado 10 de abril, o aberto será no colexio O Sequelo (non é o mesmo do ano pasado) a partir das 4 da tarde, a seguir informamos das actividades que temos preparadas.

Venres 9 ás 20H palestra sobre a billarda no centro social Almuinha (rúa Ezequiel Massoni nº 63)

Sábado 10 ás 14H xantar no centro social Almuinha (en principio será unha fabada) e o prezo 10€, para o cal haberá que avisar ben por correo (a.c.almuinha@gmail.com) ou chamando por teléfono aos seguintes números: 606595310 ou 677049789

Mentres colamos o mapa no blogue informamos que as cámaras de televaral Televaral gardan un sorprendente documento audiovisual coas imaxes do palandor que acudiu a Salvaterra para xogar o Aberto de Salceda.  Os comentaristas do blogue deron o aviso e agora Televaral achegaranos as imaxes desta espeluznante historia, contarémola así haia que parar un tren. Para abrir os incondicionais desta historia hoxe ofrecemos un adianto, a partires de mañá teredes en exclusiva para Televaral a versión integra de  “Salceda-Marín”