¡¡COMEZA A LNB-SUR 10-11!!

28 08 2010

 

  • Salvaterra, vila referencial da LNB-Sur, primeiro estalo desta tempada.
  • A Poesía fáise oficial para palanadores e palanadoras.

 

O próximo sábado 4 de setembro amanece un novo Campionato no Sur ao abeiro do XXIV Festival da Poesía no Condado.

Todas as billardas levan a Salvaterra

Salvaterra acollerá en horario de mañán o primeiro aberto da III Liga Nacional de Billarda-Conferencia Sur, que este ano promete vir con máis citas que nunca, novos emprazamentos, novidades a destagho e por suposto a maior das igualdades e emocións de cara a acadar o triunfo final nas diferentes modalidades.

Coma sempre, está aberta a admisión de novos participantes e equipos.

En próximos días seguiremos informando. Por agora ide desempolvando e botádelle un ollo ao mapa… recordade, esta vez si, esta vez Salvaterra é a nosa cita.

Bo xogo!

Advertisements




BUEU, DERRADEIRO ABERTO ANTES DA NOVA TEMPADA

28 08 2010

Esta fin de semana tedes a oportunidade de completar a vosa preparación de cara ao inminente comezo da nova tempada na LNB-Sur.

Con Manuel Otero ao mando, este sábado ás 17h  II Aberto do Mexilón. A Cachiza segue prendendo forte no Morrazo, onde xa se asentou a celebración anual dun dos abertos da tempada oficial.

Todas as palanadoras e palanadores teñen a súa cita nas instalacións provisorias do campo de futbol (na estacada), todas e todas en busca do inconmensurable saco de mexilóns da ría que se levará quen mellor lle atine.

Dalle duro!!