Atención palanadores e palanadoras do Sur: a billarda non descansa no verán. Afiade as pinchas, porque este sábado 9 en San Xoán de Río, na provincia de Ourense, ábrese unha nova fronte billardeira: chega o Abertiño de San Xoán de Río, o primeiro campionato de billarda no Surleste.
O encargado de poñer a andar este acontecemento é Xosé Miguel, o palanador omnipresente, que xoga na liga norleste e formou pare do equipo do Sur que conseguiu alzarse co Xerro do Salnés en Xil (Meaño). A cita é este sábado 9 de agosto ás 17 horas no pavillón de San Xoán de Río. E todo dentro dun festival no que non ha de faltar a música: Skarnio, Skacha e Cuchufellos.
Así o explica Xosé Miguel no blog do Varal: Xa lles deixei varias billardas para que vaian practicando, o único que se puxeron a xogar no medio da rúa e case rompen os cristais dun bar.Ao final faremolo nun pavillón que na praza do concello queda algo pequena. ….. e de coruña o equipo do Atreu, no que estaba eu cando vivía alí, desprázase case ao completo para este torneio. O queixo, viño e bica que será o premio para o gañador atraen a xente.
A cousa promete! Apuntádevos xa: abelaido@hotmail.com / 627 780 891.
Hola, estiven en San Xoan de Río, dandolle un pouco a billarda, un pouco porque me eliminaron na primeira manga. Pero divertinme moito. Facía moitos anos que non lle daba e andaba un pouco oxidada, pero xa mellorarei para próximas ocasións.
Unha nova billardeira