Aberto de pretempada en Marín

20 09 2011

Este sábado 24 de setembro a A.C. Almuinha, a A.C. Ronsel e o Concelho de Marim organizan um Aberto de Bilharda de Pretempada que terá lugar a partir das 17:00 horas na pista que hai na Barriada Virgem do Carme (Suboficiais)

Esta será a última oportunidade para coller o punto de forma necesario de cara a inminente inicio da LNB Sur 2012, ademais este aberto será tamén a ocasión para cerrar as vindeiras xornadas ligueiras e mesa redonda na que aportar novidades de cara a nova tempada.

Por outra banda, aproveitando este evento, a A.C. Almuinha vai dar começo a umha série de jornadas gastronómicas, que terám lugar ao longo de todo o ano. Nesta ocasom, o menú será churrasco, ainda que também haverá menú vegetariano, sendo precisso anotar-se previamente no correio da associaçom ou por telefone (666 14 52 09). O jantar terá lugar no C.S. Almuinha o sábado 24 de setembro a partir das 14:00.

Advertisements




Camiño a Budiño con parada en Pontevedra

8 04 2011

Siareir@s galeg@s organiza unha xornada este sábado en Pontevedra na que a billarda non vai fallar a cita, débido a duplicidade da data co aberto de Budiño os compañeiros mudaron a data de inicio do aberto para posibilitar que os palanadores fagan xornada dobre.

12:30 h>> ABERTO DE BILHARDA nas pista anexa do pavilhom I.E.S “Xunqueira”

15:00h – Jantar popular no Centro Social Revira

Preço: 5€ (Bebida incluida)

En Budiño teremos xornada ligueira en tres pistas exteriores, longas e bastante anchas, con superficie xabrenta i en lixeira costa arriba.  Para que ninguén se perda, na autovia Vigo- tui saida de Salceda no C.Cultural A Forna.





All Stars, Aberto de Entroido 13-14 e Bateas

23 02 2011

O próximo Sabado celebrase en Cabanas o xa mítico all stars da LNB con concurso de triples (varados) Mates (os golpes mais espectaculares) e finalmente o Aberto das Estrelas con palanadores das 5 conferencias da LNB. Non o dubides, prepara os teus golpes i envianos un mail a lnb.sur@gmail.com para poder coordinar a viaxe da nosa conferncia.

E ide preparndo disfraz para a vosa billarda porqué este ano temos Aberto de Entroido, so vale xogar disfrazado!

E abrumados pola actulidade da LNB prometemos unha crónica extensa do aberto de Mos, polo momento quedades coas fotos dunha xornada de dominio aplastante de Bateas.





Viana asombra nun torneo cheo de sorpresas

12 01 2011

Viana conseguiu catro varados e fíxose co torneo con autoridade. A Faísca gañou por equipos con só cinco xogadores. Pauliña chegou a semifinais e a punto estivo de convertirse na primeira palanadora en alcanzar unha final. Cristian, de 16 anos, pasa por primeira vez de rolda e faino meténdose na final. O Torneo de Bueu converteuse no máis sorprendente dos abertos da tempada, empezando polo propio feito de que, contra o que o seu nome indica, celebrouse en Cangas.

Participaron 76 palanadores, entre eles moitos dos primeiros da clasificación, que foron caendo rolda tras rolda. Ao final quedaron catro que se estreaban como semifinalistas. E protagonizaron dous duelos igualadísimos, resoltos logo dos desempates. Viana da Faísca, superou a presión do público, volcado con Pauliña dos Treze Catorze. Cristián dos Bateas superou a presión da súa curta idade para vencer a Penkas dos Treze Catorze. Os de Salceda foron por equipos os segundos da xornada, a dous puntos duns Faísca que rexurdiron con folgos logo dunha tempada que comezaron frouxa e que está a cambiar de cor tras a volta ás canchas de Pinto e Ana Diz.

A clasificación xeral segue sen moitos cambios na cabeza. Xosé Rodiño mantense líder e Salgue queda segundo en solitario, por diante de Chiwi e Rubén Otero. Na parte media alta da clasificación, as subidas máis fortes protagonizáronas Viana e Manu da Faísca,  Iván e Elvis dos Branco e Negro Millenium e Pablo de Culombio.

Por detrás é espectacular a subida de Pauliña, que cos seus 7 puntos desta fin de semana colócase líder feminina en solitario, un punto por riba de Fátima e Mucha e dous por diante de Ánxela e Iolanda.

En varados Rubén Otero empatou con Chiwi a 6 varados no alto da clasificación, e Viana (4 varados en Cangas) e Penkas (outros 3) empatan con Xosé Rodiño na terceira praza. Tamén destaca Ánxela de Almuinha, que sumou en Cangas o seu segundo varado da tempada.

Por equipos, Bateas e Paquete Pinchas, empatados na segunda posición, recortaron a distancia que os separa dos líderes, os Branco e Negro Millenium. Logo da súa boa xornada, Faísca ascende dous postos a costa de Culombio e Pincharango. Na cola mantéñense Se Foras Traballar, que esta tempada parecen fóra de forma.

A próxima cita será en Mos o 20 de febreiro. Vémonos aló!

 

 

 





O Aberto de Bueu xogarase en Cangas

5 01 2011

Ao igual que o Español de Barcelona mudou o seu estadio para Cornellá, o Aberto de Cachiza de Bueu tamén decidiu saltarse o minifundismo administrativo e celebrar a súa segunda edición en Cangas. Será este sábado 8 de xaneiro ás 16 h no pavillón do IES María Soliño. Deixámosvos a coidada explicación de Manolo Outeiro, organizador do torneo, e un mapa de google para os de entendedeiras máis dixitais, marcando o traxecto desde o comezo do corredor do Morrazo (A) ata o pavillón (B).

“A saída do Corredor do Morrazo é a de Cangas-Bueu. Coller entón dirección Cangas, virar na primeira con dirección praias e Herbello, de seguido tomar a primeira a dereita e chegando a unha rotonda no alto, xa estamos”.

ÚLTIMA HORA!
Chegannos imaxes dos entrenamentos da sección emigración de Almuinha, nas que dan conta dos seus duros adestramentos ao pé da torre de Belém en Lisboa e ameazan con “asaltar” o Aberto de Bueu. Preparádevos!





Este sábado, Aberto de Bueu

4 01 2011

A cachiza volve ao Morrazo, onde este sábado 8 de xaneiro se xoga o II Aberto de Bueu. Será ás 16 h pero ollo!: o pavillón aínda está pendente de confirmación. Permanecede atentos, en breve confirmaremos o lugar do torneo.





Sábado 18 xogamos no Porriño

11 12 2010