A Quinibillarda

12 12 2009

O Domingo 20 estrearemos o novo formato da Quinibillarda. Na 5ª xornada da LNB Sur a aposta consistirá en atinar o resultado no torneo  dos palanadores que aparecen no boleto. En cada casilla deberá marcarse  1 ou 2  para apostar polo palanador que chegue mais lonxe no torneo, e un x si pensamos que cairán na mesma rolda.

Ademais dos primeiros 6 enfrontamentos a contabilizar na Quinibillarda tamén aparecen 4 reservas que so contabilizará no caso que algún palanador incluido no boleto non poidese asistir ao aberto. Os Duelos da Quinibillarda iranse mudando nas distintas xornadas.

Para os acertantes dos 6 enfrontamento repartirase o 70% do recadado, no caso de que ninguén atine os seis enfrontamentos os acertantes de 5 faranse co 50% do bote quedando o resto para gastos da LNB, xa que como todos sabemos carece de nengún tipo de axuda institucional e avanza grazas o esforzo de cada un dos seus participantes.  SORTE!!!!



Advertisements

Accións

Information

5 responses

12 12 2009
Coerypomoxy

I am frequently looking for new posts in the net about this theme. Thx!

12 12 2009
Treze Catorze

Os da Treze Catorze non imos poder ir… Así que ollo con incluirnos na quinibillarda que, por certo, moi boa idea! Todo hai que dicilo!! Parabéns e que haxa sorte no 5º aberto!!

12 12 2009
Ludópata

O veterinario da LNB xa me diagnosticou Ludopatía crónica da Quinibillarda!!

12 12 2009
iolanda

E unha mágoa que non poidades vir votaremosvos de menos. Moita sorte coa feira que sexa un exito.

13 12 2009
A xogar

Bueno, de confirmarse a sentida falta dos trece-catorce usaranse enfrontamentos de reserva ata completar os seis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: