Vigo, A última Batalla

13 05 2010

A Batalla de Bembrive

  Cos paláns erguidos e as billardas recén pulidas os palanadores da Conferencia Sur agardan con impaciencia que chegue o Sábado para facerse co derradeiro aberto da tempada na conferencia sur. Cinco equipos tratarán de acadar a puntuación necesaria para aceder cos P. Pinchas as finais nacionais, mentres que as restantes xoganse o orgullo de rematar o mais arriba posible que ademais lles facilitará nos cruces da Cunca Xíbara.

 Na clasificacíon xeral quedan por decidir tanto o podio da tempada 09-10 como os nosos representantes para Compostela. Con Chupi, Otero, Amil e L. Enrique clasificados restan por completar 8 (quizais 9) prazas os candidatos a quedar entre as 12 plazas de honra son Celso, lemos, Jose Otero, Gil e X. Miguel que parten cunha lixeira ventaxe, Luis, Pablo, Tiago, Davide, que están baixo a espada de Damocles e uunha recua de aspirantes: Salgue, manolo, Juan, Oscar, Panzo, Darío, Cara, Alberte, Xan Rodiño, Manuel, Elvis, Xurxo, David, Chuki, Arturo, Fátima, pinto, Jacobo, Pablo, Fran, Angel, Anxo, Maria, Chiwi e Arosa.

 No feminino parte como lider Fátima que conta cos Culumbio para facer traballo de equipo para que se adxudique o título. María que está a un so punto e Ana Diz a dous puntos no caso de pasar a primeira rolda poderían asaltar o primeiro posto. Pauliña que parte lixeiramente mais rezagada conta coa ventaxe de que non restará ningún punto no caso de sacar a relucir a sua calidade presentase como a sorpresa final. Tamén con opcións matematicas ao título, pero co obxetivo marcado de facerse con praza para as finais parten Chus, Lara, Lorena, Mucha, Iolanda, Palmira, anxela, ana, diana, Sandra, Benchara, Chelo, sofía e Viana.

 Na loita polos varados Chupi e Otero igualados na primeira praza marcaranse mutuamente durante todo o Aberto mentres os demais agardan un día inspirado e cheo de varados para dar a sorpresa, L. Enrique X. Miguel e Dario defenderán a sua praza.

CLASIFICACIÓNS