Este Domingo chega o All Stars de Billarda

2 03 2010

Cada ano por estas datas chega unha das citas mais singulares da LNB o All Stars Billardeiro que este ano celebrarase no concello dO Pino, ao carón de Compostela. Pola mañá a partires das 12 comezarán os concursos de mates e triplas, Aomediodia un xantar de confraternización cos compañeiros das outras tres conferencias e pola tarde dende as 16h aberto All Stars donde se medirán os palanadores do Este cos do Oeste e de donde sairá a estrela do ano na NLB.

Para que vos vaiades preparando aquí van as instrucinós. No concurso de mates cada palanador tratar de meter a billarda no varal da maneira mais espectacular ou orixinal posible. Imaxina o teu mate e practica!

O concurso de triplas consistirá en atinar o maior número de billardas posibles nun tempo limitado. En 2 minutos de tempo lanzarán dende distintos puntos 10 billardas cara o varal 2 a encestar e 3 cara unha diana.

Pola tarde os palanadores que participen no aberto All Stars dividiranse en equipo Este i Oeste, e ademais loitarán por ser a estrela LNB 2010.

*Por motivos de facilitar a organización que neste caso cae nos compañeiros da conferencia centro os que vaiades a acudir ao xantar, se e posible, enviarnos un mail para ter unha idea aproximada comensales.

Advertisements