Un Sur exemplar

31 05 2010

A Conferencia Sur, nun alarde de xenerosidade sen precedentes na historia do deporte, cedeulle o triunfo aos compañeiros setentrionais.

As primeiras en saltar a area foron as nosas palanadoras que tiveron que conter a sua poderosa pegada para que poidesen pasar o maior número posible de xogadoras doutras conferencias, pese a isto María non puido evitar colarse en cuartos, nese punto decidiu non entorpecer o camiño de Carmela que a postre se faría co títlo nacional.

Na final por equipos tanto Pincharango coma Paquete Pinchas utilizaron as calculadoras de xeito espectacular, ambos lideraron a proba ata o ecuador sempre respetando un marxe de ventaxe para que nas últimas carreiras fosen Os Outros quenes se fixesen coa victoria. Pincharango foi terceiro.

PARABÉNS AS CAMPIONAS

Os nosos palanadores tiveron realmente complicado deixarse vencer na proba de varados,cumpre destacar a concentración necesaria para non atravesasr o varal, ata tal punto que tiveron que errar 60 lanzamentos ata que Hugo fixese o Varado gañador.

Por último na final absoluta os nosos decidiron deixar o camiño libre dende o inicio, borrandose xa na fase de grupos e solo L. Enrique e Lemos nunha arroutada de egoismo avanzaron ata cuartos, momento no que recuperaron a cordura e cesaron o seu dominio para que Marquiños voltase por fin a disfrutar dun triunfo na final.

BEIZÓNS AOS CAMPIÓNS

….  Lembrade que este finde agardanos en Budiño a CUNCA XÍBARA…

Advertisements