- 84 participantes, onde máis da cuarta parte foron palanadoras.
- Coa participación de Andrea nos Pincharango xa todas as equipas teñen representación feminina.
- María alcanza o liderado da clasificación feminina.
- Lara da Ghudalla clasifícase por primeira vez e sitúase entre as catro mellores.
- Os favoritos da xeral Pinchan na moqueta de Bueu.
- Manolo e Xosé Miguel volven estar entre os mellores, de onde se cae Davide.
- Chupi e Paquete Pinchas ante o peor resultado da tempada.
- Pincharango consiguen unha vitoria que levaba tempo en camiño.
- A derrota de Xosé Miguel na final contra Jose Otero privou a Faisca do triunfo por equipos.
- Conseguíronse 11 varados, 2 de Cara 2 de Angel de Almuinha, que gañou as dúas primeiras carreiras cun solo golpe, e 1 de Rubén Otero que pasa a comandar a clasificación.
- A comunidade billardeira segue a medrar, en bueu estreáronse na LNB-SUR nove novos Palanadore@s.
- Os máis afortunados gozaron dun terceiro tempo no Centro Social Almuinha.
Mentres a computadora da LNB actualiza as clasificacións deixamosvos coa crónica do Faro de Vigo acerca do acontecido en Bueu. Ademais podedes botarlle unha doble ollada as fotos do torneo, no fotovaral e nunha nova carpeta inagurada por Cara na que podedes compartir as vosas imaxes. So tedes que enviarnos un mail para saber a contraseña
Nas próximas horas actualizaremos as clasificacións e faremos un exaustivo análise das mesmas, permanecede atentos.