Aberto do 25

22 07 2010

Este Domingo en Compostela tes distintas opcións, podes achegarte a catedral aescoitala misa de 5 e comulgar ou xunguirte ao carro da LNB.

No tocante ao parón estival cabe destacar o ruxe ruxe entorno ao mercado de fichaches, ou a noticia recén confirmada da reintegración nos Paquete Pinchas de seus fillos prodigos, Os Oestrimnios, que lucirán equipaxe patrocinada polo Millenium 33. No deportivo resaltar o gran estado de forma de Quintela, finalista do aerto de S. Xoan, no que venceu Angel do Guindastre, e Gañador no Aberto organizado pola Cordinadora de centros sociais de Vigo no que Anxo do Faisca quedou subcampión e Viana levou o trofeo Zamora.

E para rematar xegan novas escalofriantes dende Sanxenxo:

“Ola compañeiros e compañeiras,
Estamos a punto de parir o I torneo aberto de billarda no concello de Sanxenxo. Por suposto, non sería o mesmo sen a participación de palanadores e palanadoras da conferencia Sur. Por favor, non o dubidedes haberá espinacas cultivadas ecolóxicamente para os e as que acudades. Será o día sábado 31 xullo, hora e lugar por confirmar.
Está nacendo unha franquicia no Salnés e queremos darlle pulo. Seríamoi importante que palanadores da elite da Conferencia Sur acudiran.Tendo en conta, ademais que os premios serán os de maior cuantía na historia moderna da Billarda.”

Pemanecede atentos!!!