O retorno do Chupi

28 03 2011

Chupi vence no Aberto de Adina, e volta aos postos de honra da LNB.

Xan, como bo anfitrión, quédase as portas do triunfo.

Bateas vence por equipos i é mais lider na xeral.

o premio para amellor palanadora voou para Ribadeo nas mans de Geni.

En Adina non faltou a festa e balbordo dos abertos da LNB, aquí quedan as fotos da xornada.

No fotovaral está tamén a segunda entrega da xornada mais colorida da tempada.

Ao longo da semana subiremos o cartaz do seguinte aberto da temapada que será o sábado 9 en Budinho,

así como o prometido análise da clasificación xeral de cara ao sprint final da LNB Sur.

 

 

Advertisements




Este Sábado Aberto de Mos, e o xoves o Percebe Son.

14 02 2011

Este finde chega un dos clásicos da LNB Sur, O aberto de Mos. Coas clásificacións mais apertadas ca nunca na curta historia da nosa competición neste aberto superarase o ecuador da competición e os distintos equipos terán que botalo resto se aspiran a unha victoria e o pasaporte para as finais nacionais.

Dende a Organización adiantan que en caso de chuvia a pista sera moi rapida (pavillón do ano pasado) pero preparade tamén as billardas de terra porqué se escampa posiblemente se dispute en terra. VER.

A LNB estará presente este Xoves 17 no Percebe Son, o foro musical galego de referencia. A partires das 16:00 a LNB levará a cabo un obradoiro billardeiro que rematará cun campionato entre os presentes.

O Percebe Son ten programadas actividades durante todo o día nas que destacan unha charla coloquio sobre a escena musical galega na que entre outros participarán Xurxo Souto, Tonhito de Poi, Aíd, Xocas Lopez ou Sergio Lago. A gravación do Planeta Furancho, Galeoke e os concertos de grupos coma Marxe Eskerda, O Son do ghalpon, Terbutalina ou Ataque escampe.  INFO COMPLETA





O aberto do Sabado 19 en Mos declarado de alto risco polo comité antiviolencia

27 01 2011

A Conf. Sur está a vivir os momentos mais duros dende e sua entrada na LNB. O espíritu deportivo e de compañeirismo no que se vivía foi violado por dúas das equipas participantes que se atopan inmersas nunha loita de ameazas e descalificacións.

Na tempada 09/10 a equipa do Faísca fichou os irmáns Rodiño, as cousas comezaron coma nun conto de fadas, e gracias a sua aportación xuntos lograron importantes victorias tanto individuais coma por equipos. Pero pouco a pouco o orgullo e a soberbia medrou nos palanadores do Salnés e decidiron escindirse para deixar atrás o que eles consideraron o lastre do Faísca e crear unha equipa campiona, Bateas.

A victoria do Faísca no pasado Aberto de Bueu agrandou a fenda que había entre os dous equipos, e dende Bateas non foron quen de acatar o triunfo dos seus inimigos e aproveitaron a programación do “Galiza en Varados” (tódolos luns as 21h en riguroso directo) para lanzar duras acusacións sobre o equipo vigués.

A resposta dende o Faisca foi tan rápida coma desafortunada. Un anónimo, integrante do equipo dominado pola ira, fíxonos chegar este comunicado cargado de duras amenazas.

Dende o Comite Antiviolencia da LNB instamos as duas partes enquistadas no conflicto a que fagan as paces no vindeiro Aberto de Mos do día 19, que xa foi declarado de alto risco, ou recibirán ambos unha sanción exemplar.

Temos tamén o cartaz do torneo internacional que desputará A Autentica fronte a seleción de bellit de Catalunya e mentres tanto os compañeiros do Treze-Catorze preparan xa o aberto de marzo que podería coincidir como xa sucedera en 2009 coas festas de entroido.





Este domingo… a Salceda cos Pincharango

22 11 2010

Mentres cerramos os flecos do aberto deste domingo a tarde no Pavillón de Salceda organizado polos Pincharango, para abrir boca penduramos no blogue as imaxes de Ponteareas con alguns dos mellores golpes da xornada.

E lembrando a victoria de Fuco atopámonoss na rede, cortesía da Festa da Prehistoria, conque esta non foi a sua única gran actuación este ano.






Queres aberto? Catro tazas!

9 11 2010

O nerviosismo era patente nos ambientes billardeiros. Moita xente pensaba que ía pasar o mes de novembro sen aberto, algúns xa se rasgaban as vestiduras, moitos incluso pensaron en apuntarse a campionatos de fútbol irlandés ou damas chinas… pero non! Pincharango non pinchou e conseguiu sacar adiante o torneo de novembro. Volve a LNB Sur: Salceda is the place.

Ollo! O torneo de novembro vai ser en domingo, en concreto o 28 de novembro ás 16 horas no Pavillón de Salceda (o doutros anos). As circunstancias obrigan a que así sexa, tedes todo o dereito a protestar pero non hai moito que facerlle: a alternativa é xogar en sábado no exterior, con paraugas e lanterna.Ademais, que ides facer un domingo pola tarde? Xogar ao tute? Ir pasear polo parque?

E ollo de novo! Ese día xogan o Madrí e o Barça de balompé, pero está todo calculado para que os fuboleiros teñan tempo de chegar a casa ou ao bar.

Unha cousa máis: se tedes mono de billarda e credes que non aguantades ata alá, facede como os Bateas que van a todos os torneos que hai a este lado dos montes Urales. E os que sufrides por pasar tanto tempo sen ver á xente de Moaña, os da Ghudalla organizan este sábado un sarao caralludo: chámase San Resaquiño e anúnciase cun marrao bebendo viño. Que máis se pode pedir? Este sábado ás 22 horas na casa da cultura de Abelendo, en Moaña.





As caras da Xornada

7 10 2010

Este pasado finde en Moanha remexeuse a clasificación da LNB na conferencia Sur, moitos palanadores aproveitaronse doa pista rápida do pavillón de Domaio para dar o mellor de sí, ainda que tamén se produciron estrepitosos fracasos.

Chiwi estase a convertir no xogador revelación da LNB 2010, terceiro en Salvaterra e vencedor en Moanha e o lider indiscutible da xeral,  ¿Será quen de aguantar a presión?

O retorno de Chupi as pistas  foi como cabia agardar, colandose outra vez na final ¿Onde quedaron os conxuros dos irmans Rodiño?

Ausente en Salvaterra Iolanda foi a mellor palanadora da xornada e situase ao fronte da clasificación feminina da man de Anxela, capaz de conseguir o primer varado dunha moza da tempada.

Duas xornadas foi o tempo que precisaron os Lideiras Currichos para acoplarse nesta gran familia xurdida de dous equipos, guiados polos golpes de Celso e Tiago acadaron a sua primeira victoria .

Gran actuación de Almuinha en Marín, unha das equipas emblematicas da Conferencia Sur que rematou a pasada tempada en gran forma e comezan esta nova campaña coma lideres en solitario na xeral por equipas  con L. Enrique e Alberte no podio, comandando a clasificación de varados e a fiminina.

O Aberto organizado polos compañeiros de A ghudalla tamén nos deixou varias cruces, das que sen pretender facer sangue podemos destacar o afundimento de Bateas, o pauperrimo comezo de tempada dos actuais campeóns e subcampeóns da conferencia, Paquete Pinchas e Pincharango. E por último ver como Culombio continua coa sua interminable travesía polo deserto ¿Cando gañarán estes un torneo?





As estrelas da xornada

8 09 2010

Chiwi, terceiro na xeral e lider destacado en varados, xogador clave para que por primeira vez os Treze Catorce superen aos Pincharango na clasificación.

Salvaterra é a pista talismán de Gil, vencedor no 2008, semifinalista no 2009 e subcampión no2010. Tras dous anos  as portas das finais esta pode ser a sua tempada.

Unha das mellores novas do aberto da poesía foi voltar a ver fabulosa pegada de Anxela, que o pasado ano parecía ter aochada, pero que ao pouco que a mostre estará pelexando polo título esta tempada.

Da fusión de duas equipas que a pasada tempada se arrastraron na zona baixa da taboa xurdiu a maior sorpresa da primeira xornada. Tralas duras negociacións con Paquete Pinchas e Pincharango, os Oestrimnios decantaronse pola oferta do Branco e Negro, o resultado foron uns abraiantes 23 puntos.

L. Enrique lgrou romper o maleficio que o deixaba as portas do título nun aberto LNB e preséntase xa como o primeiro favorito da LNB 2010-2011, sempre e cando de superado con éxito os controis antidopaxe.

Mentres agardamos novas analises aquí quedan as fotos da xornada