Volta a LNB sur

28 04 2013

Acheganse as finais nacionais da LNB e o sur precisa representantes na cita mais importante da billarda a nivel mundial. A traca final de tempada na LNB sur comeza este Mércores día 1 en Marín.

NOVO CANTO

Advertisements




Aberto de entroido en Salceda

16 02 2012

A LNB Sur despreguízase tras un duro inverno, e o corpo pídelle festa.

Aberto de Entroido de Salceda, O sábado 18 as 16h no campo de terra de detras do pavillón.





19:11

11 11 2011


A LNB Sur ten xa data para o aberto de novembro, o vindeiro Sabado 19/11/2011 en Bueu as 16:00 horas, espertade compañeiras e compañeiros!





Tempada 2012

30 08 2011

Non vos asustedes, xa está aquí a nova tempada da LNB Sur, e para coller pulos despois do descanso estival nada mellor que un dos torneos clásicos da nosa conferencia, O Aberto da Poesía en Salvaterra de Miño este Sábado as 12:30.
O Aberto da poesía será a principal cita da pretempada 2012 e tamén o aberto que aproveitaremos para reunirnos todos para argallar a nova tempada, por iso solicitamos a todos aqueles que teñan calquer idea ou iniciativa que aportar, solicitar un aberto de tempada ou colaborar e desempeñar calquer tarea na organización da LNB se acheguen ata Salvaterra, tendo presente o que reza no cartaz do festival “Sem as mulheres nom há revoluçom”

Arnei o palanador Galego-Cubano de Culombio enviounos este fantástico video sorpresa. Se o aberto da poesía será servirá tamén de foro para consensuar a nova tempada queremos solicitar aos navegantes do blogue que aporten tamén as novas ideas, sorpresas ou iniciativas que poidan aportar de cara a nova tempada através dos comentarios para poder telos tamén en conta este Sábado





Fin de Tempada

11 05 2011

Para chegar temos a opción A ou B, Almuinha convidannos a participación nos demais actos da festa da lingua, se ademais alguén se quere sumar ao xantar que envíe un correo a asociación.

Coma tódolos anos a LNB Sur prepara unha gala fin de tempada cos premios finais para os participantes e na que xa podemos adiantar  que  participará o inclasificable grupo de breve pero contundente directo: ILEGIBEL,  que deixará a moitos coas bocas abertas interpretando algún dos seu éxitos coma “filosofía”.

Durante estes últimos abertos a cámara da LNB pasou polas mans de distintos palanadores: Ana Pinto, Froitas, Iola, Santi, Xermán e un longo etc, nestes enlaces podedes ver os últimos albúns do Fotovaral:

Aberto de Budiño

Aberto de Vigo

Xerro do Salnés

En individual xa temos vencedor, Xosé Rodiño, chegou como  o tapado dos bateas pero en cada aberto demostrou ser o mellor palanador nunha das conferencias mais disputadas desbancando ao bicampión Chupi que terá que defender o segundo posto en Marín tras os fiascos de Vigo e Budiño. A loita polo podio completarana  Chiwi, Xan, Salgue, Luis e Rubio que ven dende atrás apretando forte.

No tocante a clasificación para as finais nacionais individuais Amil, Elvis, Rubén, Pablo e Tiago terán que puntuar para defenderse dos ataques de Manu, David ou Gil (estes poderían estar incluso tamén clasificados dependendo doutros resultados de Bateas) e Fuco, davide, Caminha, Alberte, Cristian, Pinto, Santi, Cadenas, Iván, José Otero, Malik, Froitas, Lemos, Penkas, Rober,  Dario e Angel Otero precisan dunha actuación a cada cal mellor para clasificarse.

No feminino Iola terá que defender 2  puntos de vantaxe con Paulinha, 3 con María e Mucha, (todas elas clasificadas polo momento) e 5 coas que loitarán entre si pola praza restante para as finais nacionais: Fátima, Diana e Chus, as que seguen ainda con opcións Anxela, Ana, Palmi, Luzía, Maika, Esme, Paula, Geni, Rebeca ou Lorena.

En equipos temos un gañador virtual, Bateas e un segundo posto decantado para os paquete Pinchas, ante a dúbide de por cal das conferencias se clasificará a franquicia nomada, queda aberta a posibilidade de competir en conxo para Treze Catorze, BNM, Almuinha e algunha menos para LiC e culombio.

Os varados seguen encabezados por Chiwi e Rubén pero por detrás apretan os Rodiño e Chupi, de momento o resto están fora de Conxo  pero hai ata 13 palanadores a 1 ou 2 varados de alcanzar unha praza.

Finalmente encantanos anunciar un ano mais o gran traballo dos compañeiros de Treze Catorze que xa teñen todo preparado para o seu festival, máis longo, máis grupos, máis festa. Vémonos.






Camiño a Budiño con parada en Pontevedra

8 04 2011

Siareir@s galeg@s organiza unha xornada este sábado en Pontevedra na que a billarda non vai fallar a cita, débido a duplicidade da data co aberto de Budiño os compañeiros mudaron a data de inicio do aberto para posibilitar que os palanadores fagan xornada dobre.

12:30 h>> ABERTO DE BILHARDA nas pista anexa do pavilhom I.E.S “Xunqueira”

15:00h – Jantar popular no Centro Social Revira

Preço: 5€ (Bebida incluida)

En Budiño teremos xornada ligueira en tres pistas exteriores, longas e bastante anchas, con superficie xabrenta i en lixeira costa arriba.  Para que ninguén se perda, na autovia Vigo- tui saida de Salceda no C.Cultural A Forna.





Conta atrás: 3, 2 1… Budiño!

2 04 2011

En Budiño comeza a conta atrás da LNB sur, os últimos tres abertos da tempada, polo que entramos nas xornadas de mellora. Lembremos que son 12 xornadas das cales puntuarán as 9 mellores.

Análise das clasificacións de cara o triunfo na LNB Sur e cara as Finais Nacionais:

A loita polo título por equipos parece cousa de dous: Bateas e Paquete Pinchas, os de Portonovo mandan na xeral por un escaso marxe, mentres que os de Porriño teñen un calendario favorable dado que restan menos puntos. As espadas por todo o alto.

Por detrás aparecen con forza Branco e Negro Millenium, os históricos Almuinha, e o equipo emerxente, a sorpresa da tempada, Treze-catorze. Necesitan facer un sprint final espectacular para facerse co título, pro deberán competir  entre sí por unha praza para as finais nacionais en Conxo., Culombio, Pincharango, A Ghudalla, e Se Foras Traballar tentaran estrearse, e Lideiras Currichos  e  Faisca repetir victoria nas xornadas restantes.

A victoria en individual apunta a Xose Rodiño, pero quedan aimda 30 puntos en xogo e dos seus inmediatos seguidores, os irmáns Salgueiriño e Chiwi, dous teñen duas xornadas menos puntuadas. Detrás situase Xan así que ollo as tacticas de equipo entre irmáns.

Os postos de aceso as finais nacionais son nesta xornada para Otero, Luis, Gil, Elvis, Manu Faisca, Fuco, e Rubio pero a ventaxe é mínima e sinten o alento dos seu perseguidores na caluga.

O grupo de aspirantes está copado por grandes xogadores, campións nalgún aberto ou con experiencia en finais nacionais: Pablo, Amil, luis Enrique, Davide, Tiago, Alberte, Santi, Lemos,Oscar, Darío,josé otero, Ivan,Luis, Moi , Jacobo ou Xurxo.

Entremedias as positivas aparicións de David con so seis participacións e Pinto e Viana con catro que se plantan con moitas opcións. Cara, Penkas, Manuel, Luis Caminha, Angel Otero, Rober e Cristian apurarán as suas opcións de desbancar os favoritos. O resto de palanadores quédanos loitar por unha victoria parcial, puntuar para o equipo e colaborar nas estratexias.

A loita será feroz  no feminino para acadar o primeiro posto, a regularidade de Iola contra a xenialidade de Paulinha. Mentres Mucha,  Fátima e Anxela compiten polo último chanzo do podio e tratan de manter o seu billete para Compostela.

Entre as aspirantes a unhas das prazas para as finais nacionais atópanse Ana, Chus, Diana e María, todas elas con experiencia nestas lides, ademais de Palmira, Maika, Paula, Rebeca, Lorena, Esme, Luzia, Geni, Ana, laura ou Sandra manteñen opcións debido ao apertadas que están puntuaciós, xa que están situadas  a unha distancia que poden salvar nun so aberto.

En Varados temos empate entre o MVP da tempada, Chiwi e e o actual campión, Otero. O de Salceda tratará de arriscar buscando varados no final de tempada pero cun ollo posto na xeral individual. Buscando unha prazan para Conxo, Chupi, Penkas, Xan e Xose Rodiño, e Viana fan tablas con 4 varados. Pero esta e unha disciplina na que un bo día pode catapultar a calquer palanador  aos postos de privilexio. Se Malik Viana fixo 4 varados nun aberto ¿quen non vai ser capaz de facelos?