I Aberto Cancelinhas

9 12 2013

A billarda volta a Mos, e ningún sitio mellor para celebralo que o patio do colexio no que Saturnino Marcos xogaba ao trompo e a pincha. Se a LNB xa tiña un aberto adicado as letras, a seleción galega… Por fin un aberto adicado a un persoeiro nobre e representativo da cultura popular, o I aberto Cancelinhas.

Sabado 14 as 16h no colexio publico Pena de Francia. Tameiga

CARTAZ CANCELAS

Advertisements

Accións

Information

3 responses

10 12 2013
carolo

Sería intersante coñece-la situación GPS
favorecería a localización do campo de xogo

14 12 2013
afeccionado

Actitudes caciquís dos que se autodefinen defensores da liberdade
A saber:
Hoxe, sábado día 14 de decembro, con motivo da 4ª xornada da Conferencia Sur, ven de acontece-lo seguiente:
Nun primeiro lugar, un sortedo de grupos a escondidas, pese a que, na minha calidade de delegado de equipo, tinha anunciado que quería estar presente no mesmo. Pero… sorpresa,fixeron o sorteo fóra do terreo de xogo e apareceron coa composición de grupos sen máis… E aí está a sorpresa (como así desconfiaba):
Grupos totalmente desiquilibrados. Dacordo que podería aconteceder así, pero o que non é normal que nun mesmo grupo falten a xogar dous palanadores e outros dous abandonen as primeiras de cambio, En consecuencia, un grupo de 13 ¡¡¡ queda en 9 !!!, e, por si esto non fora bastante… entra un novo xogador, pero nun grupo de 13, sen respeta-la orde de grupos nin o número dos mesmos. Ou sexa, que ó final un grupo de 14 e outro de nove, clasificándose igual número (6). Vaia equidade!!!
De aí a minha indignación, a máis de non estar presente no sorteo, estas actitudes sen lóxica algunha…
E por si fora pouco, desautrízase totalmente ós árbitros, sendo somentes monicroquis ás ordes dun mandamáis.
En resumidas contas, optei pola retirada non sólo nesta xornada, senón que non penso acudir as seguintes da CONSUR.Unha pena que a maior parte de xogadores me deran a razón, pero non seguiron os meus pasos…. así nos vai… incluso cos do meu propio equipo cos que me sinto cada vez mais distanciado.
Alguen quere acaber coa billarda e, se non estamos unidos, vanno a conseguir.
A miña concienza non me permite continuar nesta conferencia.
Un saúdo a todolos billardeiros
Asdo: Carolo

15 12 2013
Serxio

Boas,

é absolutamente falso TODO o que dis.

Primeiro non dixeches que querías estar en sorteo ningún, só que tiñas un método que era a hostia por se a organización precisaba axuda (nós fixemolo polo noso método como levamos facendo sempre) e deuse a casualidade que quenes fixeron os grupos foron os máis perxudicados (por certo, sen ningunha aspiración deportiva).

Teño as actas diante e tamén é mentira o do número de participantes, como se acordou na reunión da Conferencia Sur (na que non estiveches), os participantes que chegasen tarde entrarían a participar no grupo correspondente perdendo os tiros que se levasen realizados (cousa que se respectou en todo momento), é absurdo os números que sacas porque teño as actas no meu poder (os catro grupos son 13-14-13-14 sen contar os que non xogaron estando apuntados).

Non sei o que fixeches, de feito nin me enterei do que pasou, só da suposta desautorización e é por unha absurda norma que quixeches impoñer ti, non sei a conto de qué, que non foi aprovada na reunión de principio de tempada (faltaría máis) sen vir a conto de nada e porque che deu a gana. Con bo criterio os teus compañeiros de equipa supliron o teu berrinche de non querer arbitrar máis.

Igual foi un mal día e falas en quente, pero entras aquí a meter merda de forma absurda e sen argumento ningún.

Espero que recapacites, e se queres veñas a xogar á Sur, pero non esperes que porque te enfades poidas facer o que queiras e falar de forma gratuíta.

Serxio.

PD: É unha pena que me teña que enterar por aquí disto e que se tes algunha queixa (de feito sobre o que fago eu) do que pasa no aberto non mo digas.

Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: