MATERIAL PARA XOGAR NO CAMPIONATO GALEGO DE BILLARDA 2012

2 05 2012

MATERIAL PARA XOGAR NO CAMPIONATO GALEGO DE BILLARDA 2012

A xornada da conferencia SUR que está confirmada será a do día 12 de maio en MARÍN.

Tamén, hai a posibilidade de xogar este sábado 5 maio, mais está pendente de confirmación. Entón, se non aparece nada publicado aquí entre hoxe e mañá… pois que cada quen entenda o que quere dicir. Lembrade que o día sábado 12 maio en MARÍN haberá xornada de liga.

Como vedes os equipos están fabricando o material para asistir a Compostela, domingo 27 maio. Campionato Galego de Billarda 2012.

Aqueles e aquelas interesados en coñecer o sistema de competición deste ano no Galego que consulten o blog TodoLNB, na etiqueta CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2012. Esta proposta está aberta a suxestións.

Advertisements

Accións

Information

12 responses

4 05 2012
luis camiña

que temos para o día 5 ? senón terei que buscala vida por outros eidos

5 05 2012
Nicolas Sarkozi

Para o día 5 non hai nada relacionado coa LNB. Entón, Luís, céntrate na preparación para a xornada de mañá domingo 6 en Meis, horas adecuadas de descanso, alimentación rica en carbohidratos e análise do terreo de xogo e das características climatolóxicas do Salnés en maio.

5 05 2012
luis camiña

Amén. Esperemos que mañá te fundan os gabachos

5 05 2012
Conxo.gz

Descuberto o alixo, teño unha suxerencia para evitar problemas de medidas, que tod@s xoguemos en Conxo con este material, asi xoganmos nas mesmas condicións.

6 05 2012
Viana.

Iso, que xoguemos todos coas mesmas medidas. Estou farto dos meus 8 cms…. pero qué 8 cms!

9 05 2012
David

E unha pena que por segundo ano consecutivo se volva a por unha xornada billardeira o mesmo día ca Festa 1314. Unha magoa, porque penso que somos dos equipos que aportamos a enriquecer este deporte, e así quítanselles as ganas a máis de un.

Abur, e sorte os que vaian xogar.

9 05 2012
Cristina Rey Gonzalez

Paréceme fatal q poñades a pincha o mesmo día ca nosa festa (todos os anos igual!!!), e dame igual de quen sexa a culpa, dos de Marín, dos organizadores ou de cristo bendito, sodes uns pertardos!!!!!!!!!!!!!! A ver se polo menos vides pola noite… Nótase a mala ostia, non? jajaja…

9 05 2012
Indignado de Marim

Enquanto o Aberto de Marim, desde há 5 anos que o Sábado antes do dia das Letras organizamos a nossa Festa, e desde que participamos na Liga de Bilharda sempre organizamos o nosso aberto coincidindo com a festa esse dia.
Dese o meu ponto de vista parece-me a óstia que todos os anos igual os de Salzeda ponhades a festa o dia do nosso aberto.
Depois da currada ainda temos que colher o carro e ir para lá, e a gente já tem uma idade porra!!!!

10 05 2012
David

Perdona compañeiro de Marín, pero nos fai 5 anos que o celebramos o segundo sábado de Maio, sen excepcións. O campionato de Marín, fíxoxe no 2009 o 16 de Maio (non coincidiron) e no 2010 o 10 de Abril. Logo foi cando chegou a polémica. Nada máis.

12 05 2012
Um de Marim

Lamento a situaçom, mas pode estar bem seguro todo o mundo que nom o fazemos por amolar, e pido desculpas se lhe pareceu mal a alguém a data escolhida por Almuinha para o Aberto.
É certo que nos primeiros anos nom coincidiu o Aberto de Marim com a nossa Festa da Lingua, mas desde hai vários tentamos que coincidam no mesmo dia, solicitando a data no mês de setembro (estamos falando de oito meses antes)
Nós nom podemos saber se essa data coincide com algumha outra actividade. Posivelmente a distáncia é a que fai que em Marim nom saibamos da vossa data, e sobre todo de que sempre se fai no segundo sábado de maio.
O dito, lamento o malentendido.

14 05 2012
Marín tropa do caralho.

Marín tem huso horario diferente!

14 05 2012
Um de Marim

Nom é que tenha “huso horario diferente”. Eu sei que a Feira Franca de Ponte Vedra é na primeira fim de semana de setembro porque a tenho aqui ao carom e porque fum moitos anos, por ponher um exemplo. Mas nom sabia que a Festa de Salzeda, á que só fum um ano, é sempre a segunda fim de semana de maio, e mais em setembro que é quando solicitamos a data (8 meses antes!).
Umha aperta!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: