Tempada 2012

30 08 2011

Non vos asustedes, xa está aquí a nova tempada da LNB Sur, e para coller pulos despois do descanso estival nada mellor que un dos torneos clásicos da nosa conferencia, O Aberto da Poesía en Salvaterra de Miño este Sábado as 12:30.
O Aberto da poesía será a principal cita da pretempada 2012 e tamén o aberto que aproveitaremos para reunirnos todos para argallar a nova tempada, por iso solicitamos a todos aqueles que teñan calquer idea ou iniciativa que aportar, solicitar un aberto de tempada ou colaborar e desempeñar calquer tarea na organización da LNB se acheguen ata Salvaterra, tendo presente o que reza no cartaz do festival “Sem as mulheres nom há revoluçom”

Arnei o palanador Galego-Cubano de Culombio enviounos este fantástico video sorpresa. Se o aberto da poesía será servirá tamén de foro para consensuar a nova tempada queremos solicitar aos navegantes do blogue que aporten tamén as novas ideas, sorpresas ou iniciativas que poidan aportar de cara a nova tempada através dos comentarios para poder telos tamén en conta este Sábado

Advertisements

Accións

Information

9 responses

30 08 2011
Luis Enrique

Que ganiñas xa!! Esperemos poder voltar para a comilona da feira franca!!!!

2 09 2011
Luis Enrique

Merda!! O sabado toca traballar.

1 09 2011
Video

Noraboa Harney!! magnifico o video!!

2 09 2011
Adiante co Varal

caghiná Harney que susto me meteches!
Con moitas ganhas de que arranque a tempada.

2 09 2011
Rubén Viéitez

Sinto dicir que tanto eu como os demáis da Ghudalla non podemos asistir. Espero que o pasedes ben e do que decidades para a nova tempada estaremos informados e en contacto. Un saúdo!

3 09 2011
Pedro Bateas

Facedes ben os da Ghudalla en non ir a Salvaterra, total non íades gañar nada. Así polo menos aforrades a gasolina e non perdedes o tempo.

6 09 2011
amil

Eu sigo propoñendo que se tomen os primeiros da clasificación xeral como “cabezas de serie” a hora de facer o sorteo de grupos para evitar que se dean “grupos da morte”.

7 09 2011
Cristian Puente (@PuenteGZ)

Claro, para que ás finais chegen os de sempre, e non se dean oportunidades ao resto.

7 09 2011
Quinibillarda

Por moito que haia cabezas de serie, se sigue facendo Otero os sorteos van ser sempre amañandos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: