O Sur na festa de Conxo

30 05 2011

Un ano máis tivo lugar en Conxo a gran festa da Billarda coa celebración das Grandes Finais da LNB acollendo aos palanadores e palanadoras de todas as conferencias nacionais.

Nin sequera a intensa choiva que por momentos descargou sobre Compostela puido coa moral dos participantes que ousaron a metereoloxía con cánticos ao micrófono e bailes a pé de pista.

Os representantes do Sur non poideron acadar desta vez os postos de gloria, quedando o 3º posto absoluto de Chupi como o mellor resultado dos meridionais. Unha intensa semifinal contra Marquitos apartou ao do Porriño do máis alto da clasificación, proclamándose campión Iván, que se desfixo de Guille nas semifinais, e que foi o merecedor de ser coroado Coroceiro Nacional.

Na tempraneira competición feminina, a mermada participación do Sur non puido nin de lonxe evitar o triunfo de Reyes, e en equipos tivemos que conformarmos cun meritorio 4º posto do Branco e Negro Millenium que se quedou ás portas do podium que encheron Bateas, Billardeiros Musicais e Os outros.

Tampouco en varados houbo sorte e tan só Daniel foi quen de acadar o Varal, proclamándose campión nacional desta modalidade.

Noraboa a todos os gañadores e noraboa a todos os participantes.

Moi pronto o reporte gráfico do gran día.

Advertisements

Accións

Information

34 responses

30 05 2011
Cristian

Sanxenxo de súpeto keda en Corunha non?, seica Iván non é do sur ou que pasa?

30 05 2011
amil

Iván renegou en directo do sur proclamándose representante da conferencia noroeste, escoitámolo todos en directo nos micros da LNB.

1 06 2011
Cristian

Iso foi por que xente coma ti e varios mais da conferencia sur, na sua opnión, estaban amolando seguido, e cambio os da noroeste animarono como se fora da sua propia conferencia.

30 05 2011
amil

Bueno, eu para seguir co meu papel de protestón, teño que queixarme de un par de cousas da organización pa variar:
1_ Non entendo porque hai unha final “feminina” pola mañá e unha final “absoluta” pola tarde… onde quedou a final “masculina”? Igualdade de dereitos xa !!!!
2_ Hai que comezar a “penalizar” con retirada de puntos e/ou expulsión dos abertos a xente que se dedica a lanzar o palán o “airo” todo o tempo. Antes era por rabia… ( que que culpa terá o pobre pau, digo eu) e onte viuse incluso a versión contraria, lanzar o palán 20 metros polo aire pa celebrar a clasificación. Non digo volver a metelo no zulo outro par de anos, pero sí empezar a retirar puntos por ese tipo de comportamentos, mais si lle chamas a atención e che fan unha “peineta” de esas.
Penso que nada mais, tranquilos que si me acordo de algo mais xa protesto de novo rapidamente.

30 05 2011
Bob Esponja

Querido Sr. Calamardo dicirlle que Iván non renunciou o Sur só que vtde. e outros palanadores de alto nivel non lle permitiron clasificarse pola nosa conferencia. (e que o Sur e moito Sur de diola).
Ah! e o Sr. Ortega disculpouse por ahí nalghun comentario nom sei si na Sur ou no varal.
Iván no Sur queremoste, es o noso campión.
Calamardo a ti tamén te queremos moito.

30 05 2011
Bob Esponja

Atopei as desculpas de pateironomade (ou sexa Ortega):
“Eu quero pedir perdón polo meu comportamento durante o día de onte. Igual fun demasiado competitivo.
Levaba esperando ese dia moitos meses, 10. Invertín moito tempo neste proxecto e non quería que nada o estragara. A maioría da xente di que está na billarda para pasalo ben e xogar. Eu supoño que tamén, mais sei tamén que para xogar mais tempo hai que pasar eliminatorias.
Tamén tirei o palán varias veces na fase de grupos (con mais violencia que do normal). Tanto se non lle daba á billarda como se entraba no varal.”
Ortega Lara queremoste. (sempre e cando nom nos mates dun palustrazo)

30 05 2011
pateironomade

Si, eu xa pedín desculpas no varal. Tamén falei con algunhas persoas cando acabou todo onte.
Tirar un palán onde non hai xente non ten moita historia.
Tamén está esa xente que atravesa as pistas cando se está a xogar nelas, os que se poñen a medio metro dos palanadores cando van tirar, os que insultan, os que berran…. non sei.
Por outro lado, e non o digo por ti (Amil), parece que hai xente á que lle molesta que nos poñamos contentos por avanzar nas eliminatorias. Nos abertos, eu vou competir. Se quero xogar para pasalo ben podo xogar n’Adina sen ter que desprazarme; e sen varal e sen nada.
É complicado todo. Cada persoa é un mundo.

30 05 2011
Rubio

Ortega, eu descúlpote porque me invitache a unha cervexa! Jaja! Pero tamén estou dacordo en que deberías medir ese tipo de reaccións! E xa sabes, pa próxima vez que pases de grupo grazas a min, xa subirei o soborno a unha mariscada no Salnés…

30 05 2011
Iván Bateas

Eu comprendo aos da centro. A min tamén me gustan os paus grandes e de mais de 3 cm de diámetro. Gil dimisión.

31 05 2011
Mario Xogos Tradicionais

Recordar que o trofeo de Rubén Otero está secuestrado por tramposo. Non eres ben recibido nestas terras.

31 05 2011
Pinto

Gil pensou que por ir a cifras e letras xa sabe sumar e fixoa boa cando se puxo a tomar medidas.

31 05 2011
Un Paquete

Noraboa a Iván polo título acadado en Conxo e ós Bateas pola gran temporada colleitada este ano.

31 05 2011
amil

Ok. De todos modos hai que “atalo nervio”, a todos nos gusta pasar cantas mais rondas mellor, pero o palán non ten a culpa. E se non se ata o nervio pois haberá que “atar o palán” como ben fan os do Norte, xa que non sempre se tira, se non que a veces escapa sen querer ( a que sí señor ELVIS ) e supoño que ninguén quererá vir pa casa coa cabeza aberta.

31 05 2011
amil

Eu fago unha proposta para a liga do ano que ven… que haxa cabezas de serie a hora de facer os grupos, como na “champiñons”. É unha putada que en un grupo do que pasen dous ou tres palanadores cadren os 5 ou 6 primeiros da xeral, que xa ten pasado este ano. Xa sei que pode ser complicar o sorteo do ordenador, pero bueno… ahí queda a miña proposta.

31 05 2011
Cristian

Eses son os grupos nos ke paso eu, por que outros dias tocanme 5 xogadores novos e nin paso…., os emparellamentos mellor ao estilo Copa de Inglaterra, todos contra todos

31 05 2011
Rubio

Estou dacordo. Non pode ser que no último aberto de Marín, no meu grupo cadren 5 xogadores do top-10 e noutros grupos o millor sexa o 60 da clasificación…

1 06 2011
Cristian

Se xogades para pasalo ben non vos ten que preocupar o grupo que vos toque, logo os competitivos somos nos, a min teñenme tocado varias veces esta tempada grupos co 2º 3º 4º 5º e 6º da liga e non pasou nada.

28 06 2011
froitas

pois eu estou dacordo con cristian, está moi ben clasificarse e ser primeiro e bla, bla, bla, pero o que propoñedes é dun sectarismo tremendo, ou sexa que o azar non xunte os que van primeiro porque pobriños peleanse entre eles. Na miña opinión iso fai mellorar, xa que é máis difícil pasar, pero bueno se o queredes asi, eu propoño que os primeiros xoguen so eles e que se clasifiquen leven os trofeos e que fagan unha liga de campeóns independiente, e o resto pois xoguemos unha liga menor nas que nos podamos divertir e conseguir ver como os da elite nos ensinan as súas grandes dotes que nunca poderemos acadar por moito que nos esforcemos. Deste xeito creo que asi o azar non existiría para eles e so para os pobres mortais coma min, que evidentemente rezaría por non atoparme co primeiro da miña liga inferior. un saudo

1 06 2011
Luís

Non era que xogabades para divertirvos?

1 06 2011
Rubio

Ortega… divertirse xogando non é incompatível con gañar… Supoño que a todos nos gusta gañar, non? Pero por exemplo, no meu caso, se perdo pois mo tomo con humor, perdín e xa está… A min me gusta ir aos abertos de bilharda porque mo paso ben con esta xente, independientemente de como me vaia no aberto en particular!

1 06 2011
Radar Móbil

Está e unha foto sacada por un radar móbil de Iván e Cristián (os irmáns de bateas) voltando co Coroceiro nacional da final de Conxo cara Sanxenxo.

1 06 2011
Cristian

Como se nota que é un carro de Bateas, que leva o nº1,.

6 06 2011
Un que pasaba por aquí

¿Cando tedes pensado actualizar a clasificación? Aparte dos que foron a Conxo, hai máis xente na lnbsur. Adeus.

12 06 2011
amil

Este ano non hai torneo de copa???

13 06 2011
Cristian Puente

A min taén me interesa iso do torneo de copa haha

13 06 2011
Pintox.

Podemos xogar a copa deputación.

4 07 2011
Argala.

E cando espertou, Ortega Lara ainda estaba alí.

5 07 2011
La española.

O mellor do mundo é o xeado de aceitunas, mmmmmmmmmmmmm qué rico!!!!

13 07 2011
Outro Xíbaro

Nom hai cunca xíbara este ano??

17 07 2011
amil

Pregunta de concurso… en que se diferencian a Cunca Xíbara do Torneo de Copa???

4 08 2011
Si, si, si, ... Ola, ola, ola, ... Si, si, si. Probando.

¿Hai alguén ahí?

6 08 2011
Moza ortega lara

Coa leira esa que lle entrou ao meu queridiño xosé luis de non comer proteina animal, cando quero que o carallo se lle poña teso non hai quen o consiga, así que pido axuda á LNBSur, ou ben para convencelo de que volte a ingerir o aminoacido esencial B12, ou ben para que me mandedes uns cantos machos dos que poblan a vosa conferencia.

A seres posible que non sexan da Faísca, que co que privan eses atopámonos na mesma situacion.

E que tampouco sexa Otero, que para él sexo con protección é poñerse unha luba de forno para non queimarse.

24 08 2011
Ana

Que parvos sodes. Eu son vexetariana.
E a ver se aprendedes a usar o infinitivo flexionado que para algo estades nun centro social. A B12 necesitaa a xente retrasada para ser normal.
Tedes unha gracia…

29 08 2011
Marcial ( o neno labrego )

-Ben sei o que precisas ti….

-Púxoselle o carallo pa`rriba e non había quen o baixara

-Pasou antes unha por aqui, qué tetas tiña.

Marcial, patriota galego. ( e sen sabelo ).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: