Fin de Tempada

11 05 2011

Para chegar temos a opción A ou B, Almuinha convidannos a participación nos demais actos da festa da lingua, se ademais alguén se quere sumar ao xantar que envíe un correo a asociación.

Coma tódolos anos a LNB Sur prepara unha gala fin de tempada cos premios finais para os participantes e na que xa podemos adiantar  que  participará o inclasificable grupo de breve pero contundente directo: ILEGIBEL,  que deixará a moitos coas bocas abertas interpretando algún dos seu éxitos coma “filosofía”.

Durante estes últimos abertos a cámara da LNB pasou polas mans de distintos palanadores: Ana Pinto, Froitas, Iola, Santi, Xermán e un longo etc, nestes enlaces podedes ver os últimos albúns do Fotovaral:

Aberto de Budiño

Aberto de Vigo

Xerro do Salnés

En individual xa temos vencedor, Xosé Rodiño, chegou como  o tapado dos bateas pero en cada aberto demostrou ser o mellor palanador nunha das conferencias mais disputadas desbancando ao bicampión Chupi que terá que defender o segundo posto en Marín tras os fiascos de Vigo e Budiño. A loita polo podio completarana  Chiwi, Xan, Salgue, Luis e Rubio que ven dende atrás apretando forte.

No tocante a clasificación para as finais nacionais individuais Amil, Elvis, Rubén, Pablo e Tiago terán que puntuar para defenderse dos ataques de Manu, David ou Gil (estes poderían estar incluso tamén clasificados dependendo doutros resultados de Bateas) e Fuco, davide, Caminha, Alberte, Cristian, Pinto, Santi, Cadenas, Iván, José Otero, Malik, Froitas, Lemos, Penkas, Rober,  Dario e Angel Otero precisan dunha actuación a cada cal mellor para clasificarse.

No feminino Iola terá que defender 2  puntos de vantaxe con Paulinha, 3 con María e Mucha, (todas elas clasificadas polo momento) e 5 coas que loitarán entre si pola praza restante para as finais nacionais: Fátima, Diana e Chus, as que seguen ainda con opcións Anxela, Ana, Palmi, Luzía, Maika, Esme, Paula, Geni, Rebeca ou Lorena.

En equipos temos un gañador virtual, Bateas e un segundo posto decantado para os paquete Pinchas, ante a dúbide de por cal das conferencias se clasificará a franquicia nomada, queda aberta a posibilidade de competir en conxo para Treze Catorze, BNM, Almuinha e algunha menos para LiC e culombio.

Os varados seguen encabezados por Chiwi e Rubén pero por detrás apretan os Rodiño e Chupi, de momento o resto están fora de Conxo  pero hai ata 13 palanadores a 1 ou 2 varados de alcanzar unha praza.

Finalmente encantanos anunciar un ano mais o gran traballo dos compañeiros de Treze Catorze que xa teñen todo preparado para o seu festival, máis longo, máis grupos, máis festa. Vémonos.


Advertisements

Accións

Information

24 responses

12 05 2011
legible

Poderia ser o concerto ilegible antes de comer?
Ou senon levade fregonas.

12 05 2011
Ilegivel

Levade fregonas porqué alguns mexericas van a mexar por eles cando toquemos, alguns ides de listos pero ás vosas bromas non fan puta graza, pailáns!

12 05 2011
lejia

Moi boa letra da canción.
E o titulo sería Levadefregonas.

12 05 2011
Ilegivel

Olvidouseme comentar que a entrada pra escoitarnos sera de 20€ e a recaudación ira pra os fillos pobres da Adina (os meus).

12 05 2011
Pavillarda

Pavillon a 30 º.
Non ten Marin campos de terra ou conxo xogarase no pavillon do sanatorio.?

12 05 2011
O camión do piche

O aberto faise nas instalacións dun colexio con pistas interiores e exteriores, o pasado ano tras votación cos diferentes equipos decidiuse dentro, este ano ainda está por ver.

13 05 2011
Xan Rodiño

Faremos o que eu diga, coma sempre, e se chego á final eu mesmo a arbitrarei.

13 05 2011
O panadeiro

Se tal podedes facer o aberto nun dos meus fornos…. que abofé que vai máis fresco que no pavillón!

13 05 2011
SS

Non será o forno do campo de concentración de Auschwitz?
Ese si que está fresco

13 05 2011
Bateas

Visto o visto, decidimos renunciar a xogar en todas as categorías. Non queremos ter problemas con ninguén.

13 05 2011
LNB

Qué brasas os rodiño e o xosé luis, están a acabar coa billarda e coa emoción!!.

Qué alguén faga una estatística de canta xente deixou de ir a xogar á billarda por mor da supremacia da raza rodiñeira de Adina.

14 05 2011
Ortega

Cando arrasaba chupi e paquete ninguén decía nada.
Sin Bateas sería outro ano o mesmo.
Eso quere a LNB?
Debíades de estar contentos de ter uns equipo fortes pra conxo e que non gañen os do norleste outra vez.

14 05 2011
Nai de palanador

Grazas a Bateas o meu fillo aprendeu a sumar e a restar. Era incapaz de entender por que conferencia van clasificar Bateas e tiña que estar a contar 12, saltando os que teñen BAT ao lado. Leveino a unha academia. Ainda así está de 40ª clasificado e creo que non hai 30 bateas.

14 05 2011
Luís Bateas

Todos os comentarios anteriores escritos antes das 12h non son meus. A esas horas ainda estou na cama.

14 05 2011
clasificación

Vexo que xa está a clasificación publicada. Agora só falta correxila. Rubén Otero non pasou de grupo na xornada 11. Así que non pode ter 3 puntos. E Xosé Rodiño fixo 7, porque pasou de 3º no seu grupo.

14 05 2011
Matematico

Si son 10 o gañador que pasa 1º de grupo
9 si pasa 2º cantos son o que pasa 3º ou 4º?

15 05 2011
Pinto ( esta vez si )

Obxetivo cumprido!

Voltamos a ser o mellor centro social da comarca de Vigo. Outro ano máis sendo os primeiros. Grazas afección.

15 05 2011
Luís Bateas

Obxectivo cumprido. Por fin puiden facer unha foto triunfal coa miña familia.

15 05 2011
Cristan

Hoxe xa van 4! e aínda son as catro e media! Podo batir o “record”.

15 05 2011
Cristian

Hoxe ás catro e media estaba xogando na Coruña, onde bateas arrasou.

15 05 2011
Cristian

A estas horas xa levo 6. Hai que ver o aguante que ten a moza de Pinto.

15 05 2011
Luís McEnroe Ortega Lara

Quero avisar a Gil que eu acabei segundo na Noroeste (e como Xan non clasifica por esa, irei como primeiro). Así que nada. Pode ir a Conxo sen problemas. Parabéns!!

15 05 2011
Pinto.

O tongo da bilharda.

16 05 2011

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: