A actualidade billardeira está que ferve, tomade nota:
Domingo 8 de Maio: Xerro do salnes, Meaño.
Sábado 14: Última xornada, Marín, e Festa treze Catorzeadora.
Sabado 21: Aberto de Repesca e Olimpiadas populares, Rivadavia.
Domingo 29 Finais nacionais, Conxo.
Este Domingo chega una das citas mais agardadas da tempada, O Xerro do Salnes, una xornada diferente, chea de festa no percorrido polos furanchos de Xil, onde os palanadores das distintas conferencias se abrazan e cantan ao ritmo do viño de Barrantes.
Esta xornada lúdico deportiva, fonte de lendas, resulta sempre memorable para os asistentes. A cita é as 12:00 na Taberna da Cancela en Xil, Meaño (Ao carón da capela das angustias) Dende ahí comezara o roteiro polos furanchos de Xil, este ano o xantar será de tapeo polos mesmos furanchos, e pola tarde, a iso das 16:30 comezará a loita polo xerro do Salnés. Non o dubides.
Vou gañar eu por que o resto ides a estar bebedos ahaha
Eu non vou porque traballo
ahahahahaa, esa excusa é moi mala, e como se eu digo que falto por traballar hahha
Ilusos!!! Vouno gañar eu porque pasei a semana con Ortega e deume unhas aulas avanzadas de billarda.
O outro dia fun dar unha volta con Iolanda no carro ata samil. Paramos alí e nada, leveina de volta para casa porque non colliamos os 3 no carro….
Estaría ben que as clasificacións se actualizasen antes da próxima xornada, digo eu!
As clasificacións están actualizadas desde o luns 2 maio. Hai que mirar no lugar adecuado todoLNB http://todolnb.blogspot.com/
Non sei pa que temos este blogue entón, se resulta que temos outro “lugar adecuado” cando sempre se puxeron aqui as clasificacións!
Xan está clasificado en todas as conferencias, o mesmo que Xosé e a mitade da equipa de Bateas.
Na final de Conxo, tiran unha soa vez ou o fan por cada unha das conferencias?
E ti se xogaras en Bateas tamén estarías clasificado. Ademais xogarías con billardas que nos desempates sempre caen mais adiante ca dos rivais.
xa non desempato máis con billarda, a partir de hoxe pares ou nones.
Hoxe levo 3.