Penúltima parada: Vigo

26 04 2011

Á tempada regular da LNB Sur quédanlle só dous abertos: o primeiro será esta fin de semana en Vigo. O sábado 30 de abril ás 16h no Parque de Castrelos, xógase o 11º aberto puntuable, organizado por A Faísca. Se chove, o torneo será nun pavillón, probablemente no de Monte da Mina, pero confirmarémolo estes días.

Os que estades cerca de clasificarvos, tedes ocasión de afianzar a vosa posición ou escalar postos. E o resto, unha nova oportunidade para gañar un torneo ou, polo menos (e non menos importante) pasalo ben.

Advertisements

Accións

Information

46 responses

27 04 2011
a conciencia

Non queriades terra pois si chove terraaaaaaa tamén

27 04 2011
A terra mancha.

Eu, de pequeno era do Madrid, pero miña nai comproume o traxe do Barça.
Díxome que como era branco que era unha equipaxe moi porca.
Daquela sentinme apesarado, mais canta razón tiña.

28 04 2011
Rubén Otero

Apenas van caer 4 pingas de auga, imaxino que a moitas “cabezas despexadas” da LNB non lhes importará que se lhes molhe o pelo!

28 04 2011
Ortega o da barba.

A min se se me molha a barba nom xogo.

28 04 2011
isabel II

Cantas pistas teremos, e que teño unha boda as 5

28 04 2011
carlos I

Levar de picar eu poño a botella

28 04 2011
pepe

Podo xogar con botas de tacos

28 04 2011
Luis Caminha

Eu non quero facer trampas pero, ¿podo?

28 04 2011
luis camiña-almuinha

Non tomes o nome de ninguén, ainda que faga bonito a frase, dixen eso pero sin, ¿podo?
En todo caso polo desempate lee o regulamento, e sitúate na zona de saque para facer a medida do lanzamento. Non existe a liña de saque. A medición debe facerse dende o punto de saque ata a billarda, recto, diagonal, de traves ou donde …. quede, sempre que sexa dentro do campo.
De todas maneiras está ben intentalo. Mouriño tiña o plan “B” despois do minuto 80 cando todo Barça estivera lesionado.

29 04 2011
Xuiz

O chegar mais lonxe co contrario e sempre como obxetivo o varal non a esquina do campo enton será o que mais cerca este do varal sinon poderiase dar o caso de que gañe o que desplazara a pincha mais lonxe lateralmente non de fronte o varal.
Si o campo tivera 50×50 si un fai 49m en diagonal e outro fai 48m de frente o varal quen gaña o que esta a 2 metros do varal ou o que esta a 20 metros do mesmo.

28 04 2011
davide

Outra vez non, xa comprei o medidor laser.

29 04 2011
Otero

¿Láser? Da igual Davide. Aínda que sexa láser seguirías gañando a eliminatoria do anterior torneo, que se mediu con cinta.
A única diferencia sería que no canto de lanzar a pincha 12,8 cm más lonxe que o contrincante, sería a 12,769463722882 cm.

Gustaríame saber qué é o que pensa o verdadeiro Luís do comentario de “Xuiz (07:47:28)”. Vémonos en Castrelos.

28 04 2011
Pepe

Vale xogar á bilharda com Lum-Chakos?

28 04 2011
Suso Diz.

Pinto, de qué cor é a bicicleta de teu pai?

28 04 2011
barÇa fc

Si me roza a billarda e falta non?

28 04 2011
Wolfang Stark

Isto nom é baloncesto, non se pita falta por calquera cousa.

29 04 2011
Xuiz

Eu non vexo por ningún lado o de medir dende onde se sae…????

REGULAMENTO :
Os palanadores situanse na zona de saque, cada un co seu palán e mais coa sua billarda. A orde de lanzamento será alternativa.

O primeiro palanador situa a sua billarda no chan e sobre a zona de saque. Co palán suxeitado coa man temos que golpear a billarda nun dos seus extremos para que esta brinque polo aire e así poder baterlle de novo sen que a mesma caia ao chan. No lanzamento trataremos de que a billarda colla a dirección do varal. Cada xogador só ten unha opción de golpexo válida, polo cal se o xogador golpea a billarda no chan e esta non se levanta, cosidérase opción de tiro, polo que pasa o turno ao contrincante. Se a billarda se levanta do chan pero non a golpeamos no aire, sucede o mesmo, pasa o turno o contrario. Calquera situación na que a billarda é tocada polo palán, está considerada como lanzamento, tanto si é un bo lance, coma si é malo. A billarda nunca se pode golpear desde que toque no chan despois de ser levantada, pero mentras que a mesma non o toque, podemola golpear no aire tantas veces como a nosa habilidade nolo permita.

No primeiro lanzamento o xogador pode chegar a conseguir introducir a billarda no varal, acción que se denomina varado. Si esto sucedese o seu contrario tería que facer a mesma xogada para empatar a partida, se non a partida xa ten gañador. Se o primeiro lanzamento non consigue ser varado, o palanador fai o seguinte lanzamento dende o sitio que a billarda se deten despois de ser lanzada. Está prohibido mover, parar ou desviar a billarda intencionadamente mentras a mesma está rodando. Se este mesmo lanzamento, ou calquera outro, sae por fora da pista o seguinte faise dende o punto da liña por onde a billarda se bote fóra, denominada esta acción saque de banda. Só podemos sacar de banda cando a billarda despois de ser lanzada toca polo menos unha vez dentro da pista, porque si o lanzamento sae fóra directamente, vólvese ao sitio de onde lanzamos. Si o lance sae pola liña de fondo, a billarda volve a situarse no mesmo sitio.

No caso de que unha billarda cae ou para xusto na liña de banda ou na liña de varal, só se considera que está fora cando a billarda supera por completo a liña, tendo que estar todo o corpo da billarda do outro lado.

Como xa dixemos, a orde de tiro é alternativa, e gaña a partida aquel xogador que consegue meter a billarda por entre o varal antes que o seu contrincante, usando sempre o mesmo número de lances ámbolos dous palanadores. Pode darse o caso de que unha partida quede en empate, sempre que no mesmo número de golpes os palanadores metan as suas billardas no varal.

29 04 2011
luis camiña-almuinha

Eu non vexo tampouco de donde se mide no desempate.
Son xogadas que por non estar recollidas no regulamento deben acorse antes.
Pasou algo polo estilo en A Coruña con Xan, nunha xogada de Farola.
Penso que gaña o que está máis lexos do punto de lanzamento, pasa en tódolos deportes, como xabalina, peso, martelo etc,etc.
Vémonos en Vigo
Saúdos

29 04 2011
Xuiz

En peso xabalina e martelo si vos dades conta as lineas de distancia estan en semicirculo dende a saida e na billarda e un campo rectangular.

29 04 2011
Otero PIN

Non Luís. Sabes de sobra que o desempate “a billarda más larga” mídese en liña paralela dende a pincha ata a liña de saída ou da do varal. Dan ámbalas dúas, pois a medida é equivalente.
¿Qué sucedería entón se saes dende máis atrás da liña de saída, dende fóra do campo? A distancia débese medir DENTRO do campo, independentemente dende onde se saia.

En calquera caso, tomouse unha decisión no seu día e xa está. Seguir porfiando no mesmo non ten sentido. O máis importante é que non sente precedente e que a próxima vez saibamos todos cómo se deberán facer as medicións.
Saúdos.

30 04 2011
luis camiña-almuinha

Días atrás puxen un correo a L.N.B. sur, e tivemos un intercambio de opinións o respecto da xogada. Dixeronme que se había tomado unha decisión no campo e que non se publicaría a miña alegación. Ata ahí, todo ben. Pero o día 28 as 15:10:13 algén utilizando o meu nome, escribeu unhas frases que non eran do todo verdade, así que polo tanto vinme na obriga de correxilo.
Que siga o debate que é bo.
Cada cousa para o que é. E o galo para a galiña.
Vémonos. Saúdos

29 04 2011
Predicador

Non vos dades conta de que somos afortunados? O Deus da Billarda deunos as Santas Reglas así, imprecisas, para que nós, humildes pastores dos seus rebaños, as interpretemos ao noso gusto e podamos organizarnos en faccións relixiosas e amosar a nosa fidelidade ao Espírito Orixinal. Gocemos dese privilexio divino, debatamos, cismemos, reformemos e contrarreformemos. Instauremos xa o Misterio da Santísima Inmesurabilidade do Campo da Billarda. Fagamos dúas grandes igrexas: a Igrexa das Distancias Universais ao Punto de Partida Divino e a Igrexa do Amor Infinito polo Punto Equidistante do Varal.

29 04 2011
anonimo

E millor que os desempates se xoguen a cara ou cruz (divina)

29 04 2011
anonimo

Deberia dar vergoña ganar un desempate así.
A LNB mandou un xuez parcial a Budiño.

29 04 2011
San Palán 1º discípulo

Cara onde devemos rezar os devotos da Santísima Inmensurabilidade do Campo da Billarda?

29 04 2011
Don Erre que Erre

Cine de Barrio anuncia a reposición desta obra maestra do cine ibérico.

Poderase ver en pantalla xigante no auditorio do CS. Faisca ao remate do aberto a réplicas.

29 04 2011
San non me xudas

Antes ca jaliña de Mos cante, xa cheguei o varal de tres golpes…

29 04 2011
Mouriño

La imagine estan ahi yo no podo mirar by the way tuti mondo si me pinchan rispondo sono chinchero non huvo contacto con la bilarha.

29 04 2011
genesis

1:1 En el principio creó Dios los cielos y la tierra.
1:2 Y la tierra estaba desordenada y vacía, y las tinieblas estaban sobre la faz del abismo, y el Espíritu de Dios se movía sobre la faz de las aguas.
1:3 Y dijo Dios: Sea la luz; 2 Corintios 3. 6 y fue la luz.
1:4 Y vio Dios que la luz era buena; y separó Dios la luz de las tinieblas.
1:5 Y llamó Dios a la luz Día, y a las tinieblas llamó Noche. Y fue la tarde y la mañana un día.
1:6 Luego dijo Dios: Haya expansión en medio de las aguas, y separe las aguas de las aguas.
1:7 E hizo Dios la expansión, y separó las aguas que estaban debajo de la expansión, de las aguas que estaban sobre la expansión. Y fue así.
1:8 Y llamó Dios a la expansión Cielos.2 Pedro 3. 5 Y fue la tarde y la mañana el día segundo.
1:9 Dijo también Dios: Júntense las aguas que están debajo de los cielos en un lugar, y descúbrase lo seco. Y fue así.
1:10 Y llamó Dios a lo seco Tierra, y a la reunión de las aguas llamó Mares. Y vio Dios que era bueno.
1:11 Después dijo Dios: Produzca la tierra hierba verde, hierba que dé semilla; árbol de fruto que dé fruto según su género, que su semilla esté en él, sobre la tierra. Y fue así.
1:12 Produjo, pues, la tierra hierba verde, hierba que da semilla según su naturaleza, y árbol que da fruto, cuya semilla está en él, según su género. Y vio Dios que era bueno.

29 04 2011
Ateo de Ove

Eu non son católico porque non hai biblia en galego e non sei o que pon no comentario anterior.

29 04 2011
loterias del estado

Le ha tocado a don ateo de ove un premio por valor de 20 millones de euros pero si no entiende este mensaje non quedaremos con el premio. Gracias

29 04 2011
O ZANFOÑISTA DE PARADA

Parada prepara unha querella criminal contra a LNB
e a faisca pola utilización con fins políticos do
programa Cine de Barrio …Joselito , o Troitiño
do cinema españoL!!

30 04 2011
Malik Viana

Unha vez unha tipa díxome que estaba embarazada e non sabía se era meu ou de outro tipo.

Ó final medimos a lefada e gañara a do outro, menos mal!

Pasou o día, pasou a romería. Tamén Bateas gañou un trofeo de Varados inxustamente e o comité disciplinar da LNB non tomou cartas no asunto.

Ata que xermán teña a cámara de ollo de alcón para veres dende Ribadeo o sucedido, non poderemos facer nada.

Xermán é todopoderoso, pero non tanto.

30 04 2011
Ivan Bateas

Eu son da filosofía de Luis Caminha, eu non queria facer trampas, foi sen querer.

30 04 2011
Pintos

O asunto é esperar a ver se publica o Marca o día seguinte que billarda chegou mais lexos

30 04 2011
Garda Civil

Temos no cuartel a bicicleta de Pinto, o que non temos é a súa moza, que temos entendido tamén lla intentaron roubar.

30 04 2011
Policía Local de Vigo

Temos no noso poder a Luís Bateas. Está acusado de intentar roubarlle a moza a Pinto e tamén de intentar levarse a Iolanda das mans de Viana.

1 05 2011
Malik Viana

Luis Caminha fuma porros.

1 05 2011
Iván (bateas)

Qué guapa a moza de Pinto! díxome que cando teña pelos nos sobacos, daríame un bico!

Vou roubarlhe uns cantos da barba a Xosé Luis, que como parecen medio púbicos seguro que a engano…

Qué ben o pasei en Vigo, nótase que é unha grande cidade moderna e actual, e non chea de paletos con boina e sachos e cheirando a esterco como en Adina.

2 05 2011
Cristian.

Mellor paletos falando galego que os vellos refinados de Vigo que me preguntaban, “Que es ese juego?” e que me miraron raro cando lles contestei en galego!

1 05 2011
Cristiam (bateas)

Eu xa fixen dúas!.

2 05 2011
Cristian.

Moi ben Pinto, só ti es capaz de escribir Cristian con M.

2 05 2011
ortega

Tomei duas cocacolas caducadas da faisca e deronme poder para ser semifinalista na sur e finalista na noroeste.

A moza de Pinto é tan guapa que non parece de Vigo.

2 05 2011
Ana Pinto

como rasca esa barba… que gustiño

2 05 2011
Xan Rodiño

A min támen me da gustiño.

2 05 2011
Reyes

A mi tambien por eso le dejo billardas para los partidos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: