Conta atrás: 3, 2 1… Budiño!

2 04 2011

En Budiño comeza a conta atrás da LNB sur, os últimos tres abertos da tempada, polo que entramos nas xornadas de mellora. Lembremos que son 12 xornadas das cales puntuarán as 9 mellores.

Análise das clasificacións de cara o triunfo na LNB Sur e cara as Finais Nacionais:

A loita polo título por equipos parece cousa de dous: Bateas e Paquete Pinchas, os de Portonovo mandan na xeral por un escaso marxe, mentres que os de Porriño teñen un calendario favorable dado que restan menos puntos. As espadas por todo o alto.

Por detrás aparecen con forza Branco e Negro Millenium, os históricos Almuinha, e o equipo emerxente, a sorpresa da tempada, Treze-catorze. Necesitan facer un sprint final espectacular para facerse co título, pro deberán competir  entre sí por unha praza para as finais nacionais en Conxo., Culombio, Pincharango, A Ghudalla, e Se Foras Traballar tentaran estrearse, e Lideiras Currichos  e  Faisca repetir victoria nas xornadas restantes.

A victoria en individual apunta a Xose Rodiño, pero quedan aimda 30 puntos en xogo e dos seus inmediatos seguidores, os irmáns Salgueiriño e Chiwi, dous teñen duas xornadas menos puntuadas. Detrás situase Xan así que ollo as tacticas de equipo entre irmáns.

Os postos de aceso as finais nacionais son nesta xornada para Otero, Luis, Gil, Elvis, Manu Faisca, Fuco, e Rubio pero a ventaxe é mínima e sinten o alento dos seu perseguidores na caluga.

O grupo de aspirantes está copado por grandes xogadores, campións nalgún aberto ou con experiencia en finais nacionais: Pablo, Amil, luis Enrique, Davide, Tiago, Alberte, Santi, Lemos,Oscar, Darío,josé otero, Ivan,Luis, Moi , Jacobo ou Xurxo.

Entremedias as positivas aparicións de David con so seis participacións e Pinto e Viana con catro que se plantan con moitas opcións. Cara, Penkas, Manuel, Luis Caminha, Angel Otero, Rober e Cristian apurarán as suas opcións de desbancar os favoritos. O resto de palanadores quédanos loitar por unha victoria parcial, puntuar para o equipo e colaborar nas estratexias.

A loita será feroz  no feminino para acadar o primeiro posto, a regularidade de Iola contra a xenialidade de Paulinha. Mentres Mucha,  Fátima e Anxela compiten polo último chanzo do podio e tratan de manter o seu billete para Compostela.

Entre as aspirantes a unhas das prazas para as finais nacionais atópanse Ana, Chus, Diana e María, todas elas con experiencia nestas lides, ademais de Palmira, Maika, Paula, Rebeca, Lorena, Esme, Luzia, Geni, Ana, laura ou Sandra manteñen opcións debido ao apertadas que están puntuaciós, xa que están situadas  a unha distancia que poden salvar nun so aberto.

En Varados temos empate entre o MVP da tempada, Chiwi e e o actual campión, Otero. O de Salceda tratará de arriscar buscando varados no final de tempada pero cun ollo posto na xeral individual. Buscando unha prazan para Conxo, Chupi, Penkas, Xan e Xose Rodiño, e Viana fan tablas con 4 varados. Pero esta e unha disciplina na que un bo día pode catapultar a calquer palanador  aos postos de privilexio. Se Malik Viana fixo 4 varados nun aberto ¿quen non vai ser capaz de facelos?

Advertisements

Accións

Information

14 responses

3 04 2011
xustiza

O premio de Budiño vai ser o que se lle confiscou a Faísca.

4 04 2011
Gabinete de prensa BATEAS

Finalmente fíxose xustiza e o comité de disciplina da LNB anunciou a súa decisión. Temos imaxes do momento no que se lle retira o trofeo por equipos que Faisca conseguira no Aberto de Bueu. Este equipo foi denunciado por un suposto dopaxe. Unha vez cerradas as investigación que o comité de disciplina abriu, o certo é que as análises realizadas a varios integrantes do equipo (Malik, Pinto, Manu, Yeyo, Ana Diz) deron positivo, polo tanto, a sanción é xa efectiva: retirada do trofeo por equipos (que xa se fixo o sábado 2 abril). Esta decisión é un aviso a todos aqueles equipos que estean pensando reforzar o seu rendimento nesta curva final de tempada.

FEITA XUSTIZA!

4 04 2011
acsiaf


Vinganza!!! No seo do faisca xa se está a cocer a operación xustiza infinita, ou a operación liberdade duradeira ou a operacióon Odisea do Mencer ou a operación de apendicite de xan Rodiño. TREMEDE BATEAS.

8 04 2011
GABINETE DE PRENSA DE TODOLNB

Ollo rapazada que a visita de BATEAS ao voso local non foi só para levar dous trofeos: o que ganaron no torneo de tenis de mesa e o que vos retiraron.
Mirade ven debaixo das colchonetas, detrás do muro de escalada, dentro das neveiras, nos caixóns, afiade ben as orellas e se sentides un tic-tac, tic-tac…. tremede e saide con présa desa cova de … de… de… saida axiña.

4 04 2011
Salvaterra

Xogador revelación da tempada: O Manu!

4 04 2011
Duda

¿Como se fai a valoración do MVP?

4 04 2011
Redacción

Non existe a clasificación oficial do MVP, foi so unha valoración persoal do redactor, en breve trataremos de facer unha enquisa no blogue sobre estes datos subxetivos.
Para os que gosten das estatísticas en http://todolnb.blogspot.com/ tedes moitas máis.

4 04 2011
Moisés Álvarez

Rubén, agradézoche que me tiveras en conta na lista de aspirantes. Canta fe!

4 04 2011
MVP

O revelación é o Tolo da Barba, que naceu, ainda non sabía andar e xa tiña barba. Pasaron os anos, entrou na LNB e non para de conducir.

4 04 2011
República Billarda

Por favor, consultade o ranking de todoLNB de conferencias. Conferencia NORLESTE. Hai que empezar a recoñecer o valor de certos palanadores vidos a menos, pero que teñen conseguido demasiados títulos, aínda que fora co Bipartito. Hai que instituír o Premio ao Xogador Histórico.

4 04 2011
Pinto

Xogador histórico: O viana! leva xogando dende os albores dos tempos!!!

É máis vello que o lume, e tivo a culpa da extinción dos dinosaurios coa súa eterna alerxia!

5 04 2011
Pinto

Alguén pode poñer un enlace a situación concreta da C.C.A. a Forna?

Jujel maps estaría ben.

5 04 2011
7 04 2011
Mayor Oreja

Él vai ir, e ti?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: