O retorno do Chupi

28 03 2011

Chupi vence no Aberto de Adina, e volta aos postos de honra da LNB.

Xan, como bo anfitrión, quédase as portas do triunfo.

Bateas vence por equipos i é mais lider na xeral.

o premio para amellor palanadora voou para Ribadeo nas mans de Geni.

En Adina non faltou a festa e balbordo dos abertos da LNB, aquí quedan as fotos da xornada.

No fotovaral está tamén a segunda entrega da xornada mais colorida da tempada.

Ao longo da semana subiremos o cartaz do seguinte aberto da temapada que será o sábado 9 en Budinho,

así como o prometido análise da clasificación xeral de cara ao sprint final da LNB Sur.

 

 

Advertisements

Accións

Information

13 responses

29 03 2011
amil

Revisade a clasificación por equipos, Bateas sumou 21 puntos en lugar dos 22 que lle puxestes (inda non está todo decidido… arriba paquetes!)

29 03 2011
frenchchou

Grazas por avisar. Acabo de revisar a clasificación e o erro foi que lle puxen 2 puntos de menos a Rubén Moldes de Bateas, que tal como me pasaron a clasificación fixo 4 puntos e eu só lle puxera 2. Queda corrixido no excel e actualízoo na web despois do próximo torneo. Os puntos dos Bateas están ben así: 22 (8 + 6 + 4 + 4)-.

29 03 2011
amil

Certo, o vindeiro aberto puntuable para a liga será en BUDIÑO o vindeiro SÁBADO 9 de ABRIL.
Esperemos que faga bo día e poida ser en terra e así non repetimos pavillón!

29 03 2011
29 03 2011
República Billarda

A diferenza real entre Bateas e Paquete Pinchas é só de 5 puntos. Está claro que os segundos son os favoritos, e seguramente se poñan lideres ‘reais’ na próxima xornada.

29 03 2011
frenchchou

E cando é o torneo de Vigo?

30 03 2011
Pinto

30 de abril do 90.

30 03 2011
Arbitro 2

Unha cousa que creo que xa é hora de que se controle un pouco, pois afecta de maneira clara as clasificacions e o tema do numero máximo de persoas por equipo. Non pode ser que se fale de equipos de 10 e logo aparezan 15 ou 16 xogadores. Se sobran xogadores non van quedar sen xogar, pero que xoguen nese torneo como independentes e non puntuen para o equipo. Se non será cuestion de levar 30 ou 40 persoas para un equipo que maloserá que non cheguen 2 a final. O de revisar palans e billardas é secundario con respecto a isto.

30 03 2011
Chupi

O 30 de abril cadra como a merda. Facédeo outro día.

30 03 2011
O Paquete de Chupi

O paquete de Chupi escocelle que lle remexen nas billardas.

31 03 2011
...

Facedeo o dia 16 de Abril!!

31 03 2011
eue

o 1 de Maio

1 04 2011
Pinto

Isto nom é unha tombola nin unha subasta de datas. A data púxose fai muito tempo, e era pública.

Como ben sabedes, o concelho de Vigo, é un concelho moi grande.

E como todos os concelhos grandes está supermegahiperburocratizado, Yoyes ou eu mesmo podemovos dar unha clase de BURROcracia viguesa, levamos meses pelexando, co concelho de Vi-GoGo, para conseguir o que vos conseguides nunha tarde, a nós levanos muito.

E se non, preguntalhede a Asterix ou a Obelix, que nos axudaron cos trámites BURROcráticos:

O dito, 30 de Abril, Parque de Castrelos… sintoo pola xente que non poida acudir por ter outros compromisos, que cantos máis sexamos máis festa teremos! pero salvo terremoto de 8,9 e tsunami, non vai ser adiada.

Hoxe é un de abril, cando os burros van onde nom deben ir! tede coidado coas bromas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: