9ª Xeira da LNB Sur en Sanxenxo Adina

12 03 2011

Despois dun entroido brutal e so cunha semana de descanso, os dores de brazo quitaranse con outro aberto de billarda.O pateiro como se coñece na zona de Portonovo e arredores, terá a sua máxima expresión en Adina no trofeo Ramón Valenzuela escritor galego enterrado o carón da pista. Pretendemos batir a marca histórica de participación  de palanadores e palanadoras(coa colaboración de todos vos).Teremos agasallos para os pais que traian os seus fillos e os fillos que traian os seus pais e o remate que non se vaia ninguén que teremos un picoteo de balde.

TEREMOS TRES PISTAS.


Non choverá.

Advertisements

Accións

Information

12 responses

12 03 2011
non entendo

Que significa que hai premio para a gañadora? Xa estamos a separar?

15 03 2011
chupito

quixera anunciar a disolución dos Paquete Pinchas, equipo mais laureado da lnbsur, por falta de…,quixera que me axudedes ks escusas, xa que este ano non dou unha. Agadezo e gratifico

15 03 2011
Faisca

Estamos interesados na adquisición dos grandes palanadores de PKT Pinchas….

Dos pequenos non queremos saber nada!!.

15 03 2011
Suso Diz

Di Pinto se vale levar o seu pai. Que se queredes él aporta o xerro para o campión,cheo de borralla, iso si.

16 03 2011
ai

a loita do home contra a madeira e da muller contra a muller

16 03 2011
eu tampouco entendo

eu tampouco entendo o de gañadora..

16 03 2011
Pinto

Pois é moi fácil! A muller que quede por riba das demais, esa é a gañadora.

E con quedar por riba non me refiro a esa película que ten Suso Diz na casa, a de “Suecas bisexuales buscan sementales”.

16 03 2011
E lo...

E lo por que as mulleres teñen que ser mellores ca outras mulleres? Se eu son muller por que teño que levar un título por ser a que chega mais lonxe? Eu non teño un clube de mulleres nin nada… Son un ser humano.

18 03 2011
Gabinete de prensa BATEAS

Tal vez habería que revisar esas palabras que supostamente dixo un barón: máis alto, máis lonxe, máis forte.
Nós plantexariamos por que máis lonxe?, por que máis forte?
Interesante a alternativa da “Antiximnasia”

25 03 2011
Pinto

Di Otero que non pode actualizar as clasificacións porque coa perna escaiolada non pode chatear ben.

Din as malas linguas que non lle fan falla muletas, que xa leva él o Tripode de serie.

26 03 2011
Chupi

A ver ostia, ke xa estou farto, poñede as putas clasificacions!!!!!!!, que creo que estou mais arrtiba que xosé rodiño!!

28 03 2011
GABINETE DE PRENSA DE TODOLNB

TodoLNB xa tomou a decisión de facerse coas actas unha vez acabada cada xornada (cunha ferramenta fotográfica). Así, as clasificacións sairán no blog TODOLNB os luns posteriores a cada xornada (garantizado). Por suposto serán oficiosas.
Trátase de buscar alternativas a situacións deste tipo, onde circunstancias especiais poden facer que se retrase a aparición das clasificacións, coa incomodidade correspondente para os palanadores e palanadoras, pois deben programar a súa preparación física para enfrontar a seguinte xornada. No é o mesmo ter que remontar postos que manter a posición, e por suposto cambia toda a planificación biotécnicopsicolóxica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: