O pasado sábado Don Carnal, palán en mán, pasouse por Salceda e deixóunos o aberto máis colorido e colorista do ano.
Ainda que esta vez “varal, varal varal varal, viñemos disfrazarnos o resultado danos igual!” hai que reseñar a doble victoria dos locais Trece-catorce con David como vencedor individual e grandes actuacións do sub-campión Chiwi e o cuartofinalista Fonso.
Xa sabiamos que os Treze-Catorze eran unha gran afeción pero ninguén agardaba nada deles a nivel deportivo, sen embargo están a ser o equipo revelación da tempada, e ningún sitio mellor para refrendalo que na casa ante o estupor de seus archienemigos Pincharango, que non consigue remontar e ven como se alonxan na clasificación. A vencedora feminina foi Diana ALM (cun logrado e moi persoal atuendo), mentres que en varados, Darío PIN foi o máis atinado ao lograr 2 consecutivos na fase de grupos.
Entre nadadores, formigas, medievais, piratas, abades, gatas, gaiteiras e gaiteiros, indios, chinos e chiños, mohamés, amas de casa, espantallos e inclasificables… a máis poderosa das presenzas foi a da Capitana Gz. Que coide de todos nos. Tamén se viu unha curiosa estampa, De Juana dándolle a Man a Ortega, ¿simboliza tamén a paz entre Faisca e Bateas?
Moi pronto un análise exaustivo de como quedan as clasificacións antes do agardado aberto de Adina, o sábado 19 de Marzo todos a Sanxenxo. Día do pai día do pau. Mentres tanto quedades coas fotos da xornada, graciñas a Lorena que solventou os problemas loxísticos do fotovaral.
Que bonita reconciliación!!! Se eu puder ainda choraba un pouco.
Manolo Outeiro non xogou. Foi anotado na competición por algún erro, mais non estaba en Salceda.