A billarda vai a Universidade

25 02 2011

Este Martes dia 2 de Marzo a LNB da man de TRABALINGUA ten preparado un obradoiro e aberto billardeiro na Universidade de Vigo. Neste  primeiro asalto da LNB ao CUVI agardanos varias sorpresas e importantes premios, así que este mércores se tes aulas fai a escola polo camiño, Lembrade:

Mércores 2 de marzo, 16:00 horas, 50€ para o/a campion/a

E o sábado troula de entroido en Salceda

 

Advertisements

Accións

Information

8 responses

26 02 2011
Pinto

Vai ser o máis cercano a traballar para muitos da Faisca, haha.

27 02 2011
Bateas

O mesmo digo sobre nós.

27 02 2011
xuis de pinchas

Prezados compañeiros,

Cada un de nos meteuse neste xogo para disfrutar, pasalo día en boa compaña e de paso mandarlle uns traghiños. Sabemos todos que hai unhas reglas para o xogo, pero ninguén se plantexaba recurrir unha partida por imcumprimento de ancho de palán, ou por pincha moi pequena. Sen embargo, isto empeza a cheirar a champions lee. Debido a alta competitiva que este ano se esta a producir nos abertos, a sensación de divertimento está minguando, e o final non vai quedar outra que regular o choio como dios manda. Por iso, no aberto de Salceda vai haber un xuis de pinchas que se encargará de revisar cada un dos instrumentos que leven os palanadores. Asi que ide revisando o regulamento, porque non se vai permitir ninghún tipo de desviación dos tamaños e formas normativos. Esperamos que isto non supoña un problema para aqueles “enxeñeiros” da billarda que chegan os abertos con pinchas “digievolucionadas”.

PD: As pinchas e os palans antiregulamentarios serán requisados, e devolveranse o rematar as partidas.

Quedades avisados!

28 02 2011
xuis de todo

Pois o campo ten que ser de 20 x 50 metros e o varal de 3,60 de ancho

28 02 2011
anonimo

ata agora xogouse sempre cos mismos aparellos, cada aberto tera as suas normas?
Non me parece ben que a metade de tempada se empeze a tomar medidas en todo caso reunión o final e plantealo.

28 02 2011
entroido

As medidas da pincha serán co disfraz ou sin el?

28 02 2011
anonimo

O de salceda será o 5 de marzo ou o 28 de decembro?

28 02 2011
anonimo

O grosor mínimo da pincha?
O grosor mínimo do palán?
Pode ter unha sola punta?
Pode ser con forma irregular sempre dentro das medidas?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: