All Stars, Aberto de Entroido 13-14 e Bateas

23 02 2011

O próximo Sabado celebrase en Cabanas o xa mítico all stars da LNB con concurso de triples (varados) Mates (os golpes mais espectaculares) e finalmente o Aberto das Estrelas con palanadores das 5 conferencias da LNB. Non o dubides, prepara os teus golpes i envianos un mail a lnb.sur@gmail.com para poder coordinar a viaxe da nosa conferncia.

E ide preparndo disfraz para a vosa billarda porqué este ano temos Aberto de Entroido, so vale xogar disfrazado!

E abrumados pola actulidade da LNB prometemos unha crónica extensa do aberto de Mos, polo momento quedades coas fotos dunha xornada de dominio aplastante de Bateas.

Advertisements

Accións

Information

8 responses

23 02 2011
Pinto

Cando colgaredes as clasificacións? Xosé Rodinho anda a facer números….

23 02 2011
Rodino

Os únicos numeros que fago e pra chegar a fin de mes.

23 02 2011
GABINETE DE PRENSA bateas

A xornada que organiza BATEAS será definitivamente o 19 de marzo.

24 02 2011
amil

As datas de Salceda e Sanxenxo xa aparecían como definitivas no calendario (subliñadas) dende hai tempo para o día 12 e o 26 respectivamente, e resulta que agora a última hora cambian as dúas de dia…. A xente organízase e fai plans en función do calendario, e cónstame que en Salceda se organizou algún evento importante o 19 tendo presente ambas datas… Isto do calendario da LNB sigue a ser unha merda!

24 02 2011
Peliqueiro

A festa juateque que horario vai ter?

24 02 2011
Pinto

Eu o 19 de Marzo non podo ir que teño que pasar o día co meu pai.

Iremos a ver unha exposición de xarróns, e despois deixareino descansando na casa, que está feito polvo.

27 02 2011
xuis de pinchas

Prezados compañeiros,

Cada un de nos meteuse neste xogo para disfrutar, pasalo día en boa compaña e de paso mandarlle uns traghiños. Sabemos todos que hai unhas reglas para o xogo, pero ninguén se plantexaba recurrir unha partida por imcumprimento de ancho de palán, ou por pincha moi pequena. Sen embargo, isto empeza a cheirar a champions lee. Debido a alta competitiva que este ano se esta a producir nos abertos, a sensación de divertimento está minguando, e o final non vai quedar outra que regular o choio como dios manda. Por iso, no aberto de Salceda vai haber un xuis de pinchas que se encargará de revisar cada un dos instrumentos que leven os palanadores. Asi que ide revisando o regulamento, porque non se vai permitir ninghún tipo de desviación dos tamaños e formas normativos. Esperamos que isto non supoña un problema para aqueles “enxeñeiros” da billarda que chegan os abertos con pinchas “digievolucionadas”.

PD: As pinchas e os palans antiregulamentarios serán requisados, e devolveranse o rematar as partidas.

Quedades avisados!

28 02 2011
Gabinete de prensa BATEAS

Queremos pedir disculpas a todos e a todas pola modificación da data da xornada 9ª que se xogará en Sanxenxo. Entendemos que algúns poideran ter plans feitos para o día 19, por isto somos sensibles ás súas queixas. Unha vez máis pedimos disculpas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: