Viana asombra nun torneo cheo de sorpresas

12 01 2011

Viana conseguiu catro varados e fíxose co torneo con autoridade. A Faísca gañou por equipos con só cinco xogadores. Pauliña chegou a semifinais e a punto estivo de convertirse na primeira palanadora en alcanzar unha final. Cristian, de 16 anos, pasa por primeira vez de rolda e faino meténdose na final. O Torneo de Bueu converteuse no máis sorprendente dos abertos da tempada, empezando polo propio feito de que, contra o que o seu nome indica, celebrouse en Cangas.

Participaron 76 palanadores, entre eles moitos dos primeiros da clasificación, que foron caendo rolda tras rolda. Ao final quedaron catro que se estreaban como semifinalistas. E protagonizaron dous duelos igualadísimos, resoltos logo dos desempates. Viana da Faísca, superou a presión do público, volcado con Pauliña dos Treze Catorze. Cristián dos Bateas superou a presión da súa curta idade para vencer a Penkas dos Treze Catorze. Os de Salceda foron por equipos os segundos da xornada, a dous puntos duns Faísca que rexurdiron con folgos logo dunha tempada que comezaron frouxa e que está a cambiar de cor tras a volta ás canchas de Pinto e Ana Diz.

A clasificación xeral segue sen moitos cambios na cabeza. Xosé Rodiño mantense líder e Salgue queda segundo en solitario, por diante de Chiwi e Rubén Otero. Na parte media alta da clasificación, as subidas máis fortes protagonizáronas Viana e Manu da Faísca,  Iván e Elvis dos Branco e Negro Millenium e Pablo de Culombio.

Por detrás é espectacular a subida de Pauliña, que cos seus 7 puntos desta fin de semana colócase líder feminina en solitario, un punto por riba de Fátima e Mucha e dous por diante de Ánxela e Iolanda.

En varados Rubén Otero empatou con Chiwi a 6 varados no alto da clasificación, e Viana (4 varados en Cangas) e Penkas (outros 3) empatan con Xosé Rodiño na terceira praza. Tamén destaca Ánxela de Almuinha, que sumou en Cangas o seu segundo varado da tempada.

Por equipos, Bateas e Paquete Pinchas, empatados na segunda posición, recortaron a distancia que os separa dos líderes, os Branco e Negro Millenium. Logo da súa boa xornada, Faísca ascende dous postos a costa de Culombio e Pincharango. Na cola mantéñense Se Foras Traballar, que esta tempada parecen fóra de forma.

A próxima cita será en Mos o 20 de febreiro. Vémonos aló!

 

 

 

Advertisements

Accións

Information

5 responses

14 01 2011
Pinto

Rubén Otero, borracho y farlopero!

Non hai fotos de Viana levantando os mexilóns?

15 01 2011
15 01 2011
15 01 2011
26 01 2011
TREZECATORZEADOR

Dende a República Trezacatorzeadora estábamos pensando en facer o noso aberto o sábado 5 de febreiro (entroido) e logo facer unha festa de desfraces nun chiringo ás aforas de Salzeda. Queremos sondear a opinión da xente. Viriades?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: