O Aberto de Bueu xogarase en Cangas

5 01 2011

Ao igual que o Español de Barcelona mudou o seu estadio para Cornellá, o Aberto de Cachiza de Bueu tamén decidiu saltarse o minifundismo administrativo e celebrar a súa segunda edición en Cangas. Será este sábado 8 de xaneiro ás 16 h no pavillón do IES María Soliño. Deixámosvos a coidada explicación de Manolo Outeiro, organizador do torneo, e un mapa de google para os de entendedeiras máis dixitais, marcando o traxecto desde o comezo do corredor do Morrazo (A) ata o pavillón (B).

“A saída do Corredor do Morrazo é a de Cangas-Bueu. Coller entón dirección Cangas, virar na primeira con dirección praias e Herbello, de seguido tomar a primeira a dereita e chegando a unha rotonda no alto, xa estamos”.

ÚLTIMA HORA!
Chegannos imaxes dos entrenamentos da sección emigración de Almuinha, nas que dan conta dos seus duros adestramentos ao pé da torre de Belém en Lisboa e ameazan con “asaltar” o Aberto de Bueu. Preparádevos!

Advertisements

Accións

Information

8 responses

7 01 2011
Pinto

O Aberto de Bueu xogarase en Cangas…
Isto vai ser demasiado para Manu do Faísca!

7 01 2011
Pintos

Despois do tempo dos últimos días este aberto será bon para os palanadores que están en sequía.

7 01 2011
Viana

A ver se mollo algo eu…. que ultimamente non me meneo muito.

O Pinto ese dende que gañou o aberto da auténtica non hai quén lle tosa!, eu teño que seguir a escarbar en carboneras noxentas , e non, con carbonera non me refiro a Sara Carbonero.

8 01 2011
Lisbon

Com kanguru calquera

9 01 2011
Pinto

“A saída do Corredor do Morrazo é a de Cangas-Bueu. Coller entón dirección Cangas, virar na primeira con dirección praias e Herbello, de seguido tomar a primeira a dereita e chegando a unha rotonda no alto, xa estamos”.

A xente de aldea chamádeslhe a un espazo aberto onde se pode xirar rotonda, os de vigo sabemos que á única rotonda que vale no mundo é a de Praza América, o resto son imitacións.

12 01 2011
Pinto

Como se lle ve o plumero á LnbSur, cando gaña alguén “do seu roio” non tardan nin dous días en poñer videos a bombo e platillo falando da grandeza da súa victoria, é distinto cando gaña alguén dun club social humilde como é a Faisca… métese a clasificación de tapadillo, sen facer muito ruido….

Otero, vesete o plumero!!!

12 01 2011
RODRIGUEZ DE LA FUENTE

Esta é unha chamada a todas e todos aqueles palanadores que teñan certa sensibilidade pola vida animal. Acudide a liberar a galiña de Mos. Sobre todo a xente de FAISCA, o equipo máis en forma, por favor, acudide.

12 01 2011
frenchchou

Cantas suspicacias… se nunca a clasificación se actualizou tan rapidamente como desta vez! A crónica vai ter que ser telegráfica, pero non por iso menos eloxiosa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: