Amil gaña na casa seu 2º aberto LNB-SUR

22 12 2010
  • Culombio organizou e organizou ben. Paquete Pinchas xogou e arrasou.
  • Non hai cambios na xeral, seguen no curuto Xosé Rodiño (BAT) e BNM.
  • A LNB expándese musicalmente cun novo himno.

O traslado de última hora do 5º aberto 2009-2010 levou aos palanador@s á terra de Amil (PAQ), e o de Budiño agradeceuno cunha gran victoria 14 meses despois do seu éxito no aberto de Moaña.

Amil acompañado dos gaiteiros mariñenses

Na final meteuse por terceira xornada consecutiva Xosé Rodiño (BAT), que desta tivo que conformarse con ser o primeiro dos perdedores, inda que segue afianzándose na xeral e xa lle mete 10 puntos aos segundos clasificados; Chiwi (TRE) e Salgue (PAQ).

Chupi (PAQ) e Salgue (PAQ) completaron os catro primeiros postos. Rubio (GHU), Rober (BNM) e Rubén Otero (LIC) únicos campións de grupo que non se meteron nos cuartos de final, que sí acadaron Luis Enrique (ALM) e Gil (BNM), xunto con Luis (SFT) e Santi (CUL), que dende unha cuarta posición de grupo conseguiron completar un moi bo aberto.

Os grupos estiveron tan disputados coma sempre, estando a clasificación entre os 8 de Ánxela (ALM) no grupo B e os 11 de Luis (SFT) no F, onde os 9 de Dario (PIN) non foron suficientes.

Entre as palanadoras, tres delas conseguiron superar a fase de grupos, Ánxela (ALM), Fátima (CUL), e Mucha (LIC), sendo a de Mos a mellor de todas gracias a unha gran actuación na primeira fase, acadando a 2ª praza con 11 puntos.Nesta xornada dúas novas competidoras se sumaron ao xogo do palán; Jessy (GHU) e Teresita (BNM).

Unha vez máis a pista rápida favoreceu a posibilidade de varados con varios palanador@s que se estrearon esta tempada nesta arte; María (GHU), Darío (PIN), Manuel (SFT), Salgue (PAQ), Penkas (TRE), Gil (BNM) e Chupi (PAQ).

Poucas contas fixeron falta para otorgar o premio á mellor equipa. Os Paquete Pinchas conseguiron o record de puntos das 2 últimas tempadas, quedándose a un so puntos dos 28 que conseguiron hai 2 anos en Marin, cando, como esta vez, meteron a tres dos seus nas semifinais. Boa actuación de Culombio e Almuiña con 4 e 5 clasificados respectivamente en primeira rolda, inda que pronto se viron impotentes de seguir o ritmo de Paquete Pinchas. Branco e Negro Millenium, segundo clasificado, manten o liderado na xeral, inda que seguido de preto polos Paquetes e Bateas, perxudicados esta vez pola coincidencia de abertos no universo LNB.

Pero a nova cultural viu da man da inauguración do himno dos Bateas. Os gaiteiros de Almuiña, Luis Camiña e Angel Otero, proseguiron a súa gran actuación deportiva acompañando á voz nada rasgada do cantante Xosé Rodiño nunha nova aportación musical á LNB. Sen dúbida, a esta voluntariosa interpretación haberá que seguir sacándolle punta para asegurar éxitos e os mellores varados sonoros.

O trio musical en plena actuación

Seguide atentos ao blogue, moi pronto as clasificacións e información do próximo aberto que terá lugar en xaneiro 2011 en Bueu. Feliz aninovo!

Advertisements

Accións

Information

2 responses

4 01 2011
Pinto

Sábese algo do aberto de BUEU?.

4 01 2011
O verdadeiro Pinto

Sábese que queda ao norte de Cangas e ao Oeste de Marín.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: